Alexandre Alberte Moreira
“Morre un home xusto, o galego máis universal”
Natural de Birán, provincia de Holguín no Oriente Cubano, de familia acomodada, o pai natural de Láncara en Lugo, era propietario de naves que alugaba os norteamericanos.
Cando lle preguntaban pola súa orixe social, Fidel contestaba decindo que era neto de labregos galegos.
Aínda que estudou dereito, deixou atrás unha plácida vida, a familia era propietaria de unha facenda en Holguín, polos sonos de unha maior xustiza social, despois de pasar trinta e sete días na máis grande das Antillas, do 12 de Febreiro ao 20 de Marzal do 2014 (en xandocan.wordpress.com, hai un diario da estadía no Gran Lagarto Verde),vivir e convivir coas cubanas e os cubanos, non albergo ningunha dúbida que o conseguiu. As comparanzas son odiosas, neste caso para a gran maioría de países veciños (Haití, República Dominicana, Guatemala, El Salvador, Honduras...), estiven vai algúns anos en Barbados e Santa Lucía, a prol de Cuba podo dicir infinidade de cousas, por exemplo que non vin ningunha nena nin neno suci@, farrapent@s, desamparados, máis ben todo o contrario, nenas e nenos ledo@s, cun sorriso na faciana. Ou a xente que pedía nos arredores da Praza da Catedral, sempre homes maiores, que pola súa maneira de vestir, decentemente, mais sobre todo na súa forma de pedir, de pe, na fronte de ti e mirándoche a faciana, daban a impresión de solicitar apoio para súa Revolución, máis que unha esmola para si mesmos.
Comezou a correr o rumor de que Fidel Castro estaba a piques de chegar, eu non o cría, estábamos nun Pavillón en Matosinhos, e non parecía o lugar máis axeitado nin seguro... en isto apareceu él, acompañando e acompañado de José Saramago.
Primeiro falou Saramago, cando lle cedeu o micrófono a Fidel, este comezou a falar e non parou, profetizou sobre a caída de Brasil e as economías emerxentes, cando nós nos iámos, Fidel continuaba a falar.
As profecías cumpríronse punto por punto.
Pareceume un home lúcido e moi intelixente, demasiado intelixente para uns norteamericanos que non puideron con él, nin en Bahía Cochinos, ni coa Crisis dos Marielitos nos anos 80, ni co neno Elián, nin mais recentemente coa volta dos Cinco encadeados en Florida.
A Historia non pode absolver, a quen é Historia.
“Doeume a morte de Fidel, aínda que máis lle doería os invisibles do mundo, que Fidel non existirá, a dor sería insoportable”...
“ATA A VITORIA SEMPRE”.
Quen son máis libres os que escreben a súa historia ou a quen nola emborronan...