Tribuna Viva
"Por taquilla non". Colectivo de Socios Unión Granate e Peña Fondo Granate
Desde o Colectivo de Socios Unión Granate e desde a Peña Fondo Granate queremos rubricar en conxunto e facernos partícipes, ainda que non pedimos permiso e sabemos que non imos ter ningún tipo de problema, do comunicado dos compañeiros da Peña Furya Granate no que se refire o encontro do próximo Mércores día 12 contra o Celta de Vigo co gallo do Trofeo Luis Otero.
Na mesma liña sinalar que tampouco imos acudir a dito encontro, non imos pasar por taquilla, estamos compretamente dacordo co explicado no citado comunicado, estamos fartos de ter que ser sempre os mesmos os que, en todo intre, temos que "axudar" en temas económicos cando se lles da por querer facer caixa cun encontro.
Temos perfectamente claro e entendemos que sempre se xeneran custos cando se celebra un encontró así, pero a pregunta que nos facemos é se é realmente necesario, ou se é o intre axeitado, para celebrar un encontro amistoso a estas alturas da competición, a resposta témola ben clariña, por suposto que non, imónos arriscar a lesións nun encontró entre semana cando xogamos a finde e nas próximas xornadas temos seguidos varios dos máis importantes encontros da tempada que poderán facer que subamos aos postos importantes e lles metamos os actuáis lideres os puntos necesarios para empezar a subir no noso camiño, é o intre de estar ben preparados, de dicir quen é realmente o Pontevedra CF, de ter tódolos xogadores en pleno rendimento, en que estaremos a pensar para organizar agora un encontro así, se nos temos que adaptar por calendario ó que o Celta quere por non ter liga na primeira división podemos traer unha morea de equipos para o Trofeo Luis Otero, de seguro que hai moitos outros que non cobran ese caché e moitos que non farían que os socios pasaran por taquilla, sendo prácticamente do igual atractivo deportivo.
Non, non estamos dispostos a unha situación semellante, que non nos veñan coa historia de que non axudamos, despois de tantos anos xunto o Ponte non nos poden vir a dicir que non axudamos, outra cousa non facemos, non a deixamos de facer e non imos deixar de facela, pero non imos entrar polas argucias de certa parte do Consello de Administración Granate, que non, que xa está ben, e non é pola cantidade económica, claro está que cada un sabe a súa economía e o que leva gastado co club granate, pero o máis certo é que o único de todo ísto é que o que levamos a criticar desde fai anos xa, o nefasto trato aos socios, por desgraza temos algún que se creen máis que nadie, que por estar donde están crense que valen que outros da bancada.
As conclusións son ben sinxelas, a caixa se a queren facer que a fagan, pero non a custa dos socios, sempre aparecen mentiras, cos carnés Ouro e Prata da entidade granate, cos que moitos de nós fixemos un desembolso moi importante dixerannos que entraban todos os encontros do equipo, sen excepción alguna e agora véñennos con contos, pois vai ser que non e tomaremos as medidas oportunas.
E xa para rematar só un pequeno e sinxelo consello; Señora Presidenta as "hostias" que dí que se lle ten que dar algún socio é mellor que as deixe na casiña, vaia imaxe
Atentamente,
Colectivo de Socios Unión Granate e Peña Fondo Granate