![Paseo de Mariano Rajoy e dirixentes do PPdeG pola senda fluvial de Ponte Arnelas](/web/cache/scene/uploads/galerias/imaxe/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DExNt_/_AxMjFQsq4FAA==_/5217b0920bddc-paseo-rajoy6.jpg)
Paseo de Mariano Rajoy e dirixentes do PPdeG pola senda fluvial de Ponte Arnelas
Mariano Rajoy comezou as súas vacacións 'correndo' pola Ruta da Pedra e da Auga de Armenteira e acábaas paseando polo sendeiro do río Umia ao seu paso por Ponte Arnelas. Aínda que a diferenza do primeiro día, o presidente do Goberno fíxoo moito máis acompañado. Durante o paseo por esta contorna natural, duns 800 metros de lonxitude, arroupouno unha nutrida representación do Partido Popular.