Trébede e Quempallou, a música folk ábrese paso na Ferraría
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
A agrupación Trébede que pertence á Asociación Cultural Loaira de Marín abriu o concerto na Praza da Ferraría. A través do son tradicional fóronse desenvolvendo bailes de xota e muiñeira. Esta agrupación gañou recentemente o terceiro premio pola interpretación e posta en escena dos seus bailes no XIII Concurso de Baile tradicional de Azaloira. E durante a xornada deste sábado mostrou o seu bo facer no escenario pontevedrés.
A continuación a banda de folk galego Quempallou ofreceu un concerto no que non faltaron algúns dos temas do seu último disco Vells Novas no que se xoga coa retranca e o bo humor.