Primeira edición do festival Brinca na Praza Venres noite e sábado noite. ÿltimo fin de semana de agosto. Algún plan de ocio? En Pontevedra a aposta foi a primeira edición do festival Brinca na Praza, que inundou de rock galego a Praza do Teucro Esta galería aparece en: Aos pontevedreses deulles por 'brincar' Por Diego Torrado | Domingo 1 de Setembro, 2013
O PP abre o curso político 2013, por sétimo ano, en Soutomaior Esta galería aparece en: Rajoy volverá a Soutomaior "dentro de un año a anunciar una bajada de impuestos" Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Sábado 31 de Agosto, 2013
Rajoy volverá a Soutomaior "dentro de un año a anunciar una bajada de impuestos" Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Sábado 31 de Agosto, 2013
Rescate no río Lérez Rescatan un pescador que estaba a pescar nunha zona próxima á estación de bombeo de Monte Porreiro e, nun momento dado, o seu acompañante perdeuno de vista. Un bombeiro fora de servizo tirouse á auga e levouno á beira. Bombeiros, policías e sanitarios subírono por un desnivel de varios metros cunha corda e lograron rescatalo Esta galería aparece en: Rescatan un pescador que se funde no Lérez e logran revitalizalo tras 30 minutos de reanimación Por Mónica Patxot & Natalia Puga | Xoves 29 de Agosto, 2013
Rescatan un pescador que se funde no Lérez e logran revitalizalo tras 30 minutos de reanimación Por Mónica Patxot & Natalia Puga | Xoves 29 de Agosto, 2013
Terceira etapa de La Vuelta entre Vigo e o Miradoiro de Lobeira A Vuelta a España vive a súa terceira etapa na presente edición da carreira nun percorrido con saída en Vigo e chegada no Miradoiro de Lobeira Esta galería aparece en: As Rías Baixas despiden a La Vuelta con etapa e liderado para o estadounidense Christopher Horner Por Diego Espiño | Luns 26 de Agosto, 2013
As Rías Baixas despiden a La Vuelta con etapa e liderado para o estadounidense Christopher Horner Por Diego Espiño | Luns 26 de Agosto, 2013
La Vuelta nas Rías Baixas: Primera etapa (Vilanova de Arousa - Sanxenxo) La Vuelta regresa ás Rías Baixas. A primeira etapa foi unha contrarreloxo de 27 quilómetros entre Vilanova de Arousa e Sanxenxo, unha etapa espectacular desde a súa saída, situada nunha batea no medio da Ría de Arousa. Miles de afeccionados ao ciclismo animaron aos 22 equipos participantes durante todo o percorrido. Estas son as mellores imaxes recollidas na saída, no porto deportivo de Vilanova. Esta galería aparece en: Golpe de autoridade do Astana tras gañar con claridade a contrarreloxo por equipos entre Vilanova e Sanxenxo Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal | Sábado 24 de Agosto, 2013
Golpe de autoridade do Astana tras gañar con claridade a contrarreloxo por equipos entre Vilanova e Sanxenxo Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal | Sábado 24 de Agosto, 2013
Romaxe da Lanzada 2013 Os romeiros entréganse aos rituais e a relixión no fin de semana grande da Lanzada, no que o rito máis arraigado é o de saltar nove ondas en busca de fecundidade Esta galería aparece en: Os romeiros entréganse aos rituais e a relixión no fin de semana grande da Lanzada Por Redacción | Domingo 1 de Setembro, 2013
Os romeiros entréganse aos rituais e a relixión no fin de semana grande da Lanzada Por Redacción | Domingo 1 de Setembro, 2013
XXI Trofeo Virxe do Porto organizado polo Club Ciclista de Marín A Alameda de Marín acolle a XXI edición do Trofeo Virxe do Porto de ciclismo, por primeira vez coa celebración dunha carreira semi-nocturna Esta galería aparece en: Marín goza do XXI Trofeo Virxe do Porto de ciclismo Por Redacción & Diego Torrado | Sábado 31 de Agosto, 2013
Marín goza do XXI Trofeo Virxe do Porto de ciclismo Por Redacción & Diego Torrado | Sábado 31 de Agosto, 2013
Incendio en Tilve, Cerponzóns Neste mesmo lugar rexistrouse outro incendio hai uns días, e a superficie queimada actuou como un cortafogo axudando ás brigadas da Xunta e os efectivos do parque de Bombeiros de Pontevedra, na súa loita para controlar o lume Esta galería aparece en: As lapas dun incendio forestal ameazan unhas casas en Cerponzóns Por Oskar Viéitez | Luns 26 de Agosto, 2013
As lapas dun incendio forestal ameazan unhas casas en Cerponzóns Por Oskar Viéitez | Luns 26 de Agosto, 2013
Pasión por La Vuelta en Pontevedra: Segunda etapa (Pontevedra - Baiona) Se hai algún sitio onde se vive o deporte ao máximo, ese é sen dúbida Pontevedra. E volveuse a demostrar coa Vuelta Ciclista a España. Miles de persoas deixáronse seducir pola maxia do mellor ciclismo. Nunca antes Pontevedra acollera unha saída de etapa. E os pontevedreses fixeron que este día fora inesquecible para os ciclistas. Esta galería aparece en: Pontevedra réndese ante La Vuelta cunha fermosa etapa que deixa líder a un dos favoritos, Vincenzo Nibali Por Alejandro Espiño | Domingo 25 de Agosto, 2013
Pontevedra réndese ante La Vuelta cunha fermosa etapa que deixa líder a un dos favoritos, Vincenzo Nibali Por Alejandro Espiño | Domingo 25 de Agosto, 2013
Festa da Cigala de Marín e novos cofrades da Orde da Cigala Cigalas cocidas, á prancha, ao allo, con arroz caldoso, en empanada... Sexa como sexa, esta fin de semana a cigala é a protagonista en Marín. Centos de persoas achegáronse este sábado á Alameda marinense para degustar parte dos 1.500 quilos de cigala que a Asociación de Comerciantes e Industriais de Marín pretenden servir durante os tres días da decimonovena edición da Festa da Cigala Esta galería aparece en: Cigalas para todos! Que ningún marinense quede sen elas... Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Sábado 24 de Agosto, 2013
Cigalas para todos! Que ningún marinense quede sen elas... Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Sábado 24 de Agosto, 2013