Marín goza do XXI Trofeo Virxe do Porto de ciclismo
Por Redacción & Diego Torrado
Unha xincana en liña para as escolas de iniciación e carreiras ciclistas para Alevines, Infantiles e Cadetes. Así foi a XXI edición do Trofeo Virxe do Porto.
Por primeira vez a proba, organizada un ano máis polo Club Ciclista de Marín, contou cunha carreira semi-nocturna.
A cita congregou na Alameda marinense a un bo número de participantes e de público que non se quixo perder a proba.