Ciudadanos avoga polo traslado da feira ao centro urbano
Por Redacción
Ciudadanos (C's) Pontevedra aposta por trasladar o mercado que se celebra no ámbito do recinto feiral e o parque Rosalía de Castro ao centro da cidade para que os vendedores e usuarios que o utilizan "se sintan parte da cidade".
Así llo trasladou esta fin de semana a candidata de C's Pontevedra á Alcaldía, María Rey, aos feirantes durante unha visita ao recinto. Trasladouse á zona para falar con eles porque considera "importante escoitar as necesidades e propostas dos que apostan por desenvolver o seu traballo na cidade".
Segundo indica Maria Rey, os feirantes trasladáronlles que "se senten esquecidos e abandonados". Fronte a esa situación, ela aposta por potenciar a feira e que volva crecer en número de postos. Ademais, insiste na necesidade de impulsar e modernizar a praza de abastos.
A alcaldable considera que é necesario facilitar o crecemento da economía da cidade e, para logralo, unha das súas propostas é facilitar a implantación de empresas no termo municipal. "Temos que crear empregos e coller o teléfono ás empresas que teñan interese en afincarse en Pontevedra", indica.
Se Ciudadanos consegue responsabilidades de goberno na próxima corporación municipal de Pontevedra, anuncia que apoiarán os autónomos e emprendedores, aos que facilitarán a tramitación áxil e transparente das licenzas de obra e apertura, cun prazo de 60 días.
Relacionadas:
-
Carlos Carrizosa (Ciudadanos): "Somos una marca limpia, tenemos credibilidad y ofrecemos propuestas sensatas y razonables"
Por Alejandro Espiño & Daniel Santomé |
-
Ciudadanos avoga por impulsar a redacción "urxente" dun novo PXOM para Pontevedra
Por Redacción |
-
María Rey comprométese cos hostaleiros a acelerar a tramitación de licenzas de apertura
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Ciudadanos de Pontevedra fará chegar ao Concello as propostas de Xuntos
Por Redacción |
-
A candidata por Ciudadanos, María Rey, mantén unha xuntanza con emprendedores e autónomos
Por Redacción |