Ciudadanos de Pontevedra fará chegar ao Concello as propostas de Xuntos
Por Redacción
A agrupación de Ciudadanos (C's) de Pontevedra mantivo este xoves unha reunión cun grupo de usuarios de Xuntos, "é importante escoitar as necesidades de todos os cidadáns e as propostas que demandan" afirmou a candidata á alcaldía, María Rey.
"Solicitámoslles un esforzo para que nos fagan chegar unha relación de barreiras que eles consideran que se deberían eliminar ou adecuar e que se trasladará ao Concello para o seu estudo", sinalou.
A candidata da agrupación insistiu na necesidade de "facerlle a vida máis doada eliminando as barreiras coas que se encontran cada día estes rapaces e rapazas na cidade son eles os que deben de manifestar cuales son só así poderemos buscar o ben común".
María Rey conclúe "o máis importante é facilitarlle a incorporación á vida laboral, facilitándolles o acceso a títulos formativos como competencias clave, necesarios para realizar os cursos formativos no INEM. A inclusión social é fundamental para o benestar da cidade. Xuntos e xuntos polo cambio".