Ciudadanos avoga por impulsar a redacción "urxente" dun novo PXOM para Pontevedra
Por Redacción
Para Ciudadanos, é necesario un novo PXOM en Pontevedra. Principalmente, segundo a súa candidata á Alcaldía, María Rey, porque o municipio "necesita máis solo industrial e máis espazo para estacionamento no límite exterior da zona urbana".
De aí que avanzase que impulsarán a redacción dun novo plan de ordenación se acceden á próxima corporación municipal.
A candidata de Ciudadanos recalca que "debido á climatoloxía especial que temos durante o ano en Pontevedra" é necesario un centro lúdico dentro da zona urbana que complemente a oferta de ocio da cidade.
Ademais, María Rey insistiu na necesidade de fomentar a creación e potenciación dunha rede de carrís bici en Pontevedra.
Dentro destas cuestións de plan e mobilidade, Ciudadanos asegura que apostarán tamén por adecuar os "lombos" á legalidade vixente e substituílos por outros medios para calmar do tráfico.
Relacionadas:
-
Marea buscará que o Pleno force o BNG a retomar a redacción do PXOM
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Carlos Carrizosa (Ciudadanos): "Somos una marca limpia, tenemos credibilidad y ofrecemos propuestas sensatas y razonables"
Por Alejandro Espiño & Daniel Santomé |
-
María Rey comprométese cos hostaleiros a acelerar a tramitación de licenzas de apertura
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Ciudadanos avoga polo traslado da feira ao centro urbano
Por Redacción |
-
Ciudadanos de Pontevedra fará chegar ao Concello as propostas de Xuntos
Por Redacción |