A candidata por Ciudadanos, María Rey, mantén unha xuntanza con emprendedores e autónomos
Por Redacción
A candidata de Ciudadanos para a alcaldía de Pontevedra, María Rey, mantivo durante a xornada deste martes 12 unha xornada de apoio a emprendedores e autonómos de Pontevedra no Centro Social do Gorgullón coa colaboración da avogada do Colexio de Avogados de Pontevedra, Diana Otero, especializada en Dereito Bancario, Civil e Dereito dos consumidores.
Dende Ciudadanos queren que se priorice dos pagamentos ás PYMES e autónomos para reducir a débeda que procede do atraso do pagamento por parte do Concello respecto a compras de bens e servizos.
Ao mesmo tempo, avogan pola tramitación áxil e transparente das licenzas de obras e apertura.
Dentro das medidas que plantea a candidata do partido emerxente se propón o traslado da feira ao centro urbano, en Montero Ríos, para que se celebre todos os sábados do ano, agás en época de festexos como a Peregrina.
María Rey, entre as súas medidas, busca que se impulse e modernice o Mercado de Abastos e poñer en valor o centro histórico.
Dentro das políticas para o emprego, a candidata quere defender os postos de traballo radicados na área municipal para garantir a prosperidade económica e evitar que Pontevedra sexa unha cidade durmitorio.
Tamén impulsará un convenio entre as diferentes asociación profesionais e empresariais para incentivar, apoiar e asesorar aos emprendedores, ademáis de fomentar programas de conciliación de vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
María Rey tamén durante esta xornada repartiu propaganda electoral na contorna da praza da Ferrería, ademáis de manter un encontro con veciños na Casa da Cultura de Campañó.
Relacionadas:
-
Ciudadanos avoga polo traslado da feira ao centro urbano
Por Redacción |
-
"Pase o que pase o 24 de maio, Ciudadanos chegou a Pontevedra para quedarse"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
María Rey, candidata de Ciudadanos en Pontevedra: "Uno o dos concejales sería un resultado fantástico"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |