Luís Rei presenta a candidatura de Marea Pontevedra reivindicando o "republicanismo cívico"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Este martes 14 de abril, no día no que se cumplen 84 años dende a proclamación da Segunda República en España, unha "coincidencia premeditada", presentouse a candidatura coa que Marea Pontevedra concorre ás eleccións municipais do concello de Pontevedra.
O lugar escollido para a súa presentación tampouco foi elexido ao azar, xa que a Praza de España é a antiga praza da República, fronte ao monumento aos herois de Ponte Sampaio, onde os integrantes do 15-M montaron a súa acampada, e a escasos metros do Instituto Valle Inclán, onde Castelao impartiu clases de debuxo.
Das 25 persoas que conforman a candidatura, os 15 primeiros postos foron elexidos en primarias e as 10 persoas restantes son "representantes sociais e profesionais de prestixio representantes da nova Pontevedra".
Ademáis das 25 persoas que conforman a lista que abre o condidato a alcaldía, Luis Rei, avanzouse na iniciativa "Mareas por unha nova Pontevedra" coa que as activistas desta formación percorreran durante unha semana os diversos barrios e parroquias do municipio repartindo información e falando coa veciñanza.
O candidato, Luis Rei, afirmou que a iniciativa arranca "no 79 aniversario das eleccións municipais que supuxeron o xiro mais importante cara a modernidade, a xustiza e a liberdade que ten tido o noso país" nunha reivindicación do "republicanismo cívico".
A exvicepresidenta do Parlamento Galego e concelleira de Pontevedra entre 1991 e 2001, Salomé Álvarez, pecha no posto 25 unha lista electoral na que tamén se encontran activistas sociais vinculados a varios colectivos da cidade como a Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres, María del Carmen Moreira, en segundo lugar; Guillermo Casalderrey, do 15-M, no terceiro posto.
Ademais, conta con articipantes na Marea Laranxa, a Plataforma anti-crematorios, SOS Sanidade Pública, unha ecoloxista da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e Salvemos A Fracha, representantes de Cáritas, da asociación Lesbianas, Homosexuais, Transexuais e Bisexuais, da Marcha Mundial das Mulleres ou o colectivo Senegaleses de Pontevedra, entre outros.
Relacionadas:
-
Marea renova a súa estrutura interna
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira: "Me he avergonzado por el caso de Rato"
Por Natalia Puga |
-
Marea Pontevedra financia a súa campaña coa venda de obras de estudantes de Belas Artes
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Un transporte público intermunicipal, eixe principal das propostas de mobilidade de Marea Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Marea Pontevedra arremete contra Ana Pastor por "destruír o patrimonio natural da nosa contorna"
Por Redacción |
-
César Portela: "Cal é o modelo de cidade? O que nos levou ao actual caos urbanístico?"
Por Oskar Viéitez |
-
Xosé Fortes critica a "política criminal" de Ana Isabel Vázquez, que "destruiu o Museo de Pontevedra"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Marea propón un plan de emerxencia para as 17.000 persoas en risco de exclusión social de Pontevedra
Por Elsa Juliá Sánchez |