César Portela: "Cal é o modelo de cidade? O que nos levou ao actual caos urbanístico?"
Por Oskar Viéitez
O arquitecto César Portela expresou publicamente o seu apoio á candidatura de Marea Pontevedra para as eleccións municipais do 24 de maio, sumándose así aos do artista Manuel Moldes, o historiador Xosé Fortes e o de Podemos.
Agora, ante a cita electoral de maio, Portela asesora Marea Pontevedra no apartado urbanístico do seu proxecto e, para explicar as razóns desa colaboración coa candidatura de unidade popular, o arquitecto e urbanista compareceu ante a prensa co aspirante á alcaldía, Luis Rei.
Portela explicou que a cidade "se transforma en función da poboación que a habita e das súas circunstancias", e esa transformación "hai que controlala, ordenala e dirixila de acordo coas necesidades e desexos da poboación". Todo isto, entende que "debe concretarse elaborando un Plan de Ordenación", que recolla o que é hoxe a cidade "e cara a onde queremos ir", o que describiu como a folla de ruta dunha viaxe.
Neste sentido, César Portela criticou que a corporación actual (BNG+PSOE) "non foi capaz de elaborar e aprobar un Plan Xeral de Ordenación pero se refire constantemente ao Modelo de Cidade de Pontevedra". Polo que se preguntou "cal é ese modelo? ÿ que improvisa día a día a Corporación? O que nos levou á actual situación de caos urbanístico?", dixo.
O principal erro que César Portela achaca ao goberno local é "a falta de participación da cidadanía" e asegurou que os últimos cambios da cidade de Pontevedra "foron para mal" e recordou que nas últimas décadas se "destruíron" partes esenciais da cidade histórica e que "se apartou á cidade do río Lérez, fíxose desaparecer o tramo urbano do río Gafos e ocultouse o río Alba de tal forma que moitos pontevedreses xa nin o coñecen".
Ademais sinala que se segregaron ás parroquias do rural, que non se coidaron os volumes e as formas das edificacións "o caos imperante" na actualidade "é produto da especulación, a ignorancia e o mal gusto dos que a construíron e dos que o autorizaron e consentírono", subliñou.
César Portela é unha das grandes figuras da arquitectura mundial do noso tempo. Mereceu o Premio Nacional de Urbanismo en 1981, a Medalla de Ouro do Consello de Europa en 1982, o Premio Europeo de Urbanismo en 1994 (polo plan de rehabilitación do Allariz) e o Premio Nacional de Arquitectura en 1999. Impartiu cursos e seminarios en Nancy, Caracas, Lisboa, Weimar, Beldorf ou Venecia. Ten obra construída en toda a península, o Xapón, Venezuela e Exipto e, ademais, é coautor de grandes edificios con Aldo Rossi, Arata Isozaki e Ricardo Bofill.
Relacionadas:
-
O arquitecto pontevedrés César Portela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias
Por Redacción |
-
Catro poetas dan o seu apoio a Marea Pontevedra na previa do Día das Letras
Por Redacción |
-
Un transporte público intermunicipal, eixe principal das propostas de mobilidade de Marea Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Luís Rei presenta a candidatura de Marea Pontevedra reivindicando o "republicanismo cívico"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os inscritos en Podemos votan e acordan apoiar a Marea Pontevedra
Por Redacción |
-
Moreira considera unha "falta de respecto" as críticas vertidas por Marea Pontevedra a Ana Isabel Vázquez
Por Oskar Viéitez |
-
Xosé Fortes critica a "política criminal" de Ana Isabel Vázquez, que "destruiu o Museo de Pontevedra"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Marea propón un plan de emerxencia para as 17.000 persoas en risco de exclusión social de Pontevedra
Por Elsa Juliá Sánchez |