Traballo a contrarreloxo para que Pasarón luza a súa mellor cara no España-Italia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Ritmo frenético para que o Estadio Municipal de Pasarón estea a punto para o partido da UEFA Women's Nations League entre España e Italia do próximo venres 1 de decembro.
Decenas de operarios traballan estes días sen descanso e a contrarreloxo, tanto no exterior como no interior do recinto, para que luza as súas mellores galas.
Son moitos as frontes abertas, empezando pola limpeza do estadio e seguindo pola colocación das publicidades, as lonas que ocuparán a zona de detrás das porterías ou a adecuación da iluminación, tras substituírse boa parte das luminarias de Pasarón que estaban fóra de servizo.
Ademais técnicos da empresa Royalverd, que no verán colocaron o novo céspede de Pasarón, asumiron xa as tarefas de mantemento para que o verde estea nas mellores condicións posibles tras verse afectado no último mes polas continuas choivas.
Doutra banda no exterior de Pasarón instaláronse xa catro camións de Radio Televisión Española (RTVE), que prepara o dispositivo necesario para retransmitir o encontro coa colocación mesmo de plataformas para as cámaras na zona superior dos fondos.
Todo deberá estar xa listo este xoves para os adestramentos oficiais de España (17.00 horas) e Italia (18.30 horas), ademais das respectivas roldas de prensa de ambos os dous equipos, no que será o aperitivo ao gran encontro do venres y para o que non hai entradas dispoñibles.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e Cambados gozan coa chegada da Selección Española
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Montse Tomé agradece "a Pontevedra e a toda Galicia o agarimo. É moi especial para as xogadoras"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira e a súa estrea en Pasarón con España: "Creo que será un día inesquecible"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poñen á venda 1.200 entradas liberadas para o España-Italia
Por Diego Espiño |
-
O estado do céspede de Pasarón obriga a trasladar a Cambados o adestramento oficial da Selección
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
As persoas cegas poderán gozar do partido de España en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra xa respira o ambiente do España-Italia
Por Redacción |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |
-
Comeza a posta a punto de Pasarón de cara ao partido entre España e Italia
Por Almu Dapena |
-
Máis da metade do aforo para o España-Italia, comprometido en prevenda aos clubs
Por Diego Espiño |
-
Críticas e indignación pola falta de entradas para o España-Italia: "Non vin a ninguén que as conseguira"
Por Diego Espiño |
-
Tolemia polas entradas do España-Italia en Pasarón: Esgotadas en 15 minutos
Por Diego Espiño |