Tere Abelleira e a súa estrea en Pasarón con España: "Creo que será un día inesquecible"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Tere Abelleira foi a auténtica protagonista este xoves da primeira xornada da Selección Española nas Rías Baixas, e é que a pontevedresa foi a xogadora encargada de comparecer na rolda de prensa previa oficial do encontro entre España e italia xunto á seleccionadora Montse Tomé.
Desde o campo de Burgáns, en Cambados, onde tivo que trasladarse a sesión para preservar o estado do céspede de Pasarón, Tere recoñeceu estar "moi contenta e moi feliz" por poder xogar coa Selección campioa do Mundo na súa casa.
"Nunca xoguei en Pasarón, ao final velo moi afastado porque non hai un equipo feminino que xogue nese estadio, por so ter a oportunidade de facelo coa Selección sendo recentemente campioas do mundo é algo incrible e creo que será un día inesquecible", asegurou a centrocampista do Real Madrid.
"Espero gozalo", explicou Abelleira a preguntas dos xornalistas afirmando que "a verdade é que será bonito mirar á bancada e ver tanta cara coñecida", porque "a miña familia vai estar aí, amigas coas que empecei a xogar ao fútbol, coas que sempre confiaron en min, e estou pendente que vaian os meus adestradores da base que me fai ilusión".
Tamén será un día moi especial para todas esas nenas que soñan agora con ser futbolistas profesionais. "Creo que para elas vai ser un momento ilusionante. Xa empezan a ter referentes femininos, campioas do mundo, e verse aí reflectidas espero que lles de como ese plus para seguir crecendo, formándose e gozar do camiño. Oxalá dentro duns anos poida vir eu a velas a elas", sinalou a pontevedresa.
"Será bonito mirar á bancada e ver tanta cara coñecida"
En canto ao partido, no que España pode selar o seu pase ás semifinais da UEFA Women's Nations League, e quedar desa forma a só un partido de clasificarse para os Xogos Olímpicos, "ao equipo véxoo ben, estamos moi motivadas porque podemos conseguir un gran obxectivo e espero que as cousas saian ben", declarou Tere, toda unha veterana xa a pesar da súa mocidade na Selección Española Absoluta.
Relacionadas:
-
Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento
Por Redacción |
-
EN IMAXES.- Pasarón vibra coas campioas do Mundo nunha cita para a historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira: "Xa podo dicir que xoguei no estadio da miña cidade"
Por Almu Dapena |
-
Montse Tomé quéixase do céspede de Pasarón: "O campo non estaba ben, non é unha escusa"
Por Diego Espiño |
-
A derrota de España fronte a Italia non embaza a festa do fútbol feminino en Pasarón
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo e Cambados gozan coa chegada da Selección Española
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Montse Tomé agradece "a Pontevedra e a toda Galicia o agarimo. É moi especial para as xogadoras"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Alicia García, con 84 anos e facendo cola desde as oito para ver á Selección: "Este es un tren que sólo pasa una vez y hay que cogerlo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Poñen á venda 1.200 entradas liberadas para o España-Italia
Por Diego Espiño |
-
O estado do céspede de Pasarón obriga a trasladar a Cambados o adestramento oficial da Selección
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Traballo a contrarreloxo para que Pasarón luza a súa mellor cara no España-Italia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira recibe a insignia de ouro e brillantes da RFEF
Por Redacción |
-
Alexia Putellas non estará en Pasarón: cae da convocatoria da Selección por lesión
Por Diego Espiño |
-
Rafael Louzán: "Toda rapaza federada de fútbol feminino que quixo estar neste partido vai poder estar"
Por Diego Espiño |