O Guijuelo, un rival ao que historicamente se lle atragoa Pasarón
Por Diego Espiño
Desde a tempada 2006-2007, na que coincidiron por primeira vez en Copa Federación, o Pontevedra Club de Fútbol e o Club Deportivo Guijuelo, foron rivais habituais primeiro na Segunda División B e agora na actual Segunda RFEF, compartindo espazo no Grupo I da competición.
Este domingo 1 de outubro (17.00 horas) volverán ver as caras no Estadio Municipal de Pasarón, co conxunto salmantino empolicado á segunda posición tras un arranque de competición no que sumou 9 dos 12 puntosa posibles, polos 5 que acumula o equipo adestrado por Yago Iglesias.
O Guijuelo visitou Pasarón desde aquel primeiro partido en febreiro de 2007 un total de oito veces, un escenario que tradicionalmente se lle atragoa pero que compensa na estatística cando é o equipo granate o que actúa como visitante no Estadio Municipal de Guijuelo.
En total o Pontevedra impúxose en cinco deses partidos, un de Copa Federación e catro en liga, con dous empates (un na última visita en febreiro de 2021 cun 0-0) e un triunfo visitante, na primeira xornada da campaña 15-16 (0-1).
Pola contra como visitantes os granates só conseguiron vencer unha vez en campo contrario, nesa mesma campaña 15-16 (0-1), acumulando despois seis derrotas e dous empates, incluíndo nesa serie unha eliminación en primeira rolda da Copa do Rei.
O encontro deste domingo será en todo caso outra historia, co Pontevedra necesitado de puntos tras os seus últimos empates a domicilio. Unha cita na que será baixa Marcos Barbeiro tras a súa recente operación de xeonllo pero na que Yago Iglesias espera poder contar co resto do plantel á súa disposición. Pola súa banda o Guijuelo non poderá contar con Pica por sanción e Quintana por lesión.
Relacionadas:
-
'Fútbol champagne' e 'manita' en Pasarón
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Guijuelo visita Pasarón "coa moral polas nubes e con ganas de poñérnolo moi complicado"
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra estima entre 10 e 12 semanas a baixa de Marcos Barbeiro pola súa lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro pasará polo quirófano
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "O Pontevedra fixo todos os méritos para conseguir os tres puntos"
Por Redacción |
-
Empate do Pontevedra contra un Cayón que terminou con nove xogadores (1-1)
Por Redacción |