Empate do Pontevedra contra un Cayón que terminou con nove xogadores (1-1)
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol foi incapaz de pasar do empate contra o recentemente ascendido Cayón, que terminou o encontro con nove xogadores sobre o verde tras unha dobre expulsión nos instantes finais.
Empezou da mellor forma o cadro local, que tras uns primeiros minutos nos que os granates asediaron a súa portería, lograron adiantarse cun autogol de Garay. O defensor rexeitou un pase da morte que chegou desde a dereita, pero na segunda xogada desviou de cabeza ao interior da súa portería un potente chute de Turrado no minuto 10.
Tocaba darlle a volta ao marcador e aos 20 minutos de xogo apareceu Dalisson, que desde tres cuartos de campo disparou coa dereita para marcar un auténtico golazo e devolver as táboas.
Continuou o Pontevedra co seu intento de voltear o partido e antes de que terminase o primeiro tempo Yelko reclamou un posible penalti, pero o colexiado non viu nada.
Tras o paso polos vestiarios o dominio foi por completo para os granates, mentres o Cayón estaba replegado en busca da súa oportunidade ao contragolpe.
Avisou nada máis saltar ao terreo de xogo cun man a man de Bastos que tapou o porteiro rival e tamén Charly e Álex González probaron fortuna, pero o balón non quería entrar.
Antes do asubío final, no minuto 87, o colexiado mostrou tarxeta vermella a Raba e Riki por parte do cadro cántabro e Garay tivo unha dobre oportunidade para sentenciar e dar a vitoria aos seus, pero o marcador non se moveu e o encontro concluíu en empate a un.
Con este resultado, o Pontevedra finaliza a cuarta xornada en sétima posición con cinco puntos.
O @PontevedraCFSAD empatou no campo do @CDCayon (1-1)
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) September 24, 2023
Non perdades o bombeirolo de Dalisson
O equipo local acabou con 9 pic.twitter.com/2GEhqPQbyQ
CD CAYÓN: (1): Galnares, Gabi (Mier, min. 79), Alvarito (Montiel, min. 69), David Sanz, Cagigas (Raba, min. 69), Cañizo, Turrado (Hitoshi, in. 69), Riki, Héctor Alonso, Dani Salgas (Jesús Villar, min. 60) e Resines.
PONTEVEDRA CF (1): Edu Sousa, Churre, Mario Gómez, Garay, Álex González, Samu Mayo, Ángel Bastos, Charly, Yelko, Dalisson (Jaichenco, min. 78) e Rufo (Chiqui, min. 65).
Goles: 1-0, min. 10, Garay (p.p.). 1-1, min. 20, Dalisson.
Relacionadas:
-
Victoria granate no Vao para crer (0-2)
Por Almu Dapena |
-
'Fútbol champagne' e 'manita' en Pasarón
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Guijuelo visita Pasarón "coa moral polas nubes e con ganas de poñérnolo moi complicado"
Por Almu Dapena |
-
O Guijuelo, un rival ao que historicamente se lle atragoa Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estima entre 10 e 12 semanas a baixa de Marcos Barbeiro pola súa lesión de xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro pasará polo quirófano
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "O Pontevedra fixo todos os méritos para conseguir os tres puntos"
Por Redacción |
-
O Cayón, un equipo "incómodo e moi intenso a nivel defensivo" que porá as cosas difíciles ao Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Samu Mayo e o seu futuro no Pontevedra: "Ascender e o ano que vén consolidarse en Primeira RFEF, esa é a miña idea"
Por Diego Espiño |
-
Libasse Guèye reaparece en redes sociais cun dardo ao Pontevedra: "Non me dan a oportunidade de volver"
Por Diego Espiño |
-
Yuri, Charles... e Rufo. Terceiro futbolista que repite 'hat-trick' co Pontevedra no que vai de século
Por Diego Espiño |
-
Festín goleador do Pontevedra á conta do Langreo (6-0)
Por Almu Dapena |
-
Benjamín Garay: "Confiamos todos en que os resultados van chegar"
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra de máis a menos regala un empate ao Valladolid Promesas (1-1)
Por Almu Dapena |