O Pontevedra B non pasa do empate en Arteixo (1-1)
Por Redacción
O Pontevedra B non puido pasar do empate na súa estrea ligueira ante o Arteixo. Víctor Casáis adiantou aos granates no primeiro tempo, pero os locais devolveron a igualdade na segunda metade por medio de Agulló.
Saíu o cadro da Coruña dominando a posesión, mentres o filial tentaba facer dano á contra. Con todo, a primeira ocasión foi para o Arteixo, pero Pacheco molestou o suficiente a Pablo Ramos, que rematou desviado. Pouco despois, Fabio aproveitou un contragolpe, pero o seu chute foise rozando o poste.
Co paso dos minutos, as ocasións fóronse sucedendo para ambas as escuadras, pero foi no minuto 17, cando chegou o primeiro tanto para o Pontevedra. Sergio Pereira desviou coa cabeza un potente disparo de Santi Garrido e, tras ese saque de esquina, Víctor Casáis enviou á rede o centro ao primeiro pau de Fabio.
Antes de alcanzar o descanso, o Arteixo aumentou o seu dominio e puido empatar por partida dobre. Primeiro Sito, nun man a man con Carlos que gañou o gardameta, e despois Otero, que rematou ao traveseiro un centro de Naya.
Nada máis comezar a segunda metade o Arteixo devolveu o empate da mesma forma que o facía o Pontevedra antes. Pablo Ramos centrou desde a esquina e Agulló, de cabeza, fixo o 1-1.
Tentaron os locais anotar o segundo tanto coa entrada de Cañi, que na súa primeira oportunidade non atinó na finalización e, á hora de xogo, enviou un centro á cabeza de Otero, que deu en pau.
Mentres, o Pontevedra B, incapaz de reaccionar vía como os minutos pasaban mentres os de Juan Riveiro perdoaban unha e outra vez sen ser capaces de anotar, resolvéndose o partido cun punto para cada equipo.
Relacionadas:
-
O Pontevedra B cae en casa do Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo da tempada para o Pontevedra B, superando a domicilio o Arzúa (2-3)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B non pode co Celta B Gran Peña (0-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B rescata un punto da súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción |
-
Derrota pola mínima do Pontevedra B ante o Viveiro
Por Redacción |
-
O Arosa inicia o curso con derrota ante o Rápido de Bouzas (2-1)
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, sobre o peche do mercado: "Temos o filial en Terceira que nos permite non ter que gastar ou malgastar as fichas sub-23"
Por Diego Espiño |
-
Sorteado o calendario de Terceira RFEF, con estrea a domicilio para Arosa e Pontevedra B
Por Redacción |