O Pontevedra B rescata un punto da súa visita ao Rápido de Bouzas (1-1)
Por Redacción
O Pontevedra B rescatou un punto este sábado fronte ao Rápido de Bouzas despois de empezar perdendo.
E aos 25 minutos xa puido o cadro vigués desde o punto de penalti, pero Carlos adiviñou o disparo do rival e mantivo a portería a cero ata o descanso.
Despois do paso polos vestiarios, os dous equipos saíron en busca da vitoria, pero foron os locais os que lograron inclinar a balanza ao seu favor no minuto 60 cun gol de Antón.
Quince minutos despois, o Pontevedra tivo a oportunidade máis clara de devolver as táboas ao marcador. Carlos Alonso viu vermella directa tras cometer penalti sobre un xogador granate, pero Brais detivo o disparo desde os once metros.
Cun xogador máis sobre o verde os de Jesús Ramos demostraron unha superioridade que non tardou en verse reflectida no luminoso. E así, no minuto 82, Toño atopou o premio para os seus e puxo o empate a un co que se alcanzou a conclusión.