Charles, unha baza decisiva para convencer ás fichaxes: "En canto falei con el díxome que ía ser un bo equipo para ascender"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol encara o tramo final do mercado de fichaxes aínda con varios asuntos sobre a mesa, como a resolución do 'caso Guéye' e a adxudicación das prazas sub-23 libres, xa sexa con novas fichaxes ou con xogadores procedentes do filial.
Nelas contará cun papel importante Charles, convertido no home forte da secretaría técnica. Así o foi demostrando ao longo do verán tras asumir galóns nesta parcela despois da súa retirada dos terreos de xogo.
Ademais do seu traballo man a man co adestrador, Yago Iglesias, o brasileiro foi decisivo á hora de convencer ás novas incorporacións para fichar polo Pontevedra. Fórono recoñecendo nas últimas semanas os propios protagonistas, nas súas primeiras entrevistas do curso.
"Chamoume Charles e en canto falei con el díxome que ía ser un bo equipo para ascender", sinalou esta semana a PontevedraViva o ata o de agora última fichaxe, Dalisson de Almeida.
"Co primeiro que falei foi con Charles. Púxose en contacto comigo para ver como era a miña situación e a verdade foi todo dun día para outro. Foi sinxelo chegar a un acordo", afirmou á súa vez Mario Gómez.
Dous exemplos pero non os únicos da implicación de Charles Dias á hora de fichar, e é que Yago Iglesias xustificou tamén o seu momento a aposta polos extremo Marcos Barbeiro por ser "un xogador que Charles coñeceu e viu".
Xa o avanzaba despois da súa retirada, que ía "poñer todo de min para que salga ben", e é que tal e como era como futbolista Charles non entende outra forma de ver o fútbol e a vida se non é implicándose ao 100%.
Relacionadas:
-
O sindicato de futbolistas AFE homenaxea a Charles Dias
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra de máis a menos regala un empate ao Valladolid Promesas (1-1)
Por Almu Dapena |
-
"Ter carácter e ritmo" e "non cometer os mesmos erros que a semana pasada", fórmula de Yago Iglesias para gañar o Valladolid Promesas
Por Almu Dapena |
-
Dálisson de Almeida, un extremo "rápido e con bo un contra un" e co seu paisano Álex Gónzález como referente
Por Diego Espiño |
-
Mario Gómez: "Cando asinas no Pontevedra non fai falta dicir cal é o obxectivo"
Por Diego Espiño |
-
Guèye e o Pontevedra, un culebrón sen fin
Por Diego Espiño |
-
Os granates agardarán por unha "oportunidade de mercado" para adxudicar a súa última ficha sénior
Por Manu Otero |
-
Charles asume galóns na secretaría técnica do Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yago Iglesias, presentado como adestrador do Pontevedra: "A miña intención é estar moitos anos no club"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |