Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán conta xa os días e as horas para volver á actividade e empezar a preparar a nova tempada deportiva.
Jabato citou aos seus xogadores o vindeiro xoves 3 de agosto para iniciar unha preparación de mes e medio e que contará con ata seis encontros amigables.
Topo para chegar na mellor forma posible ao comezo de liga na División de Honra Prata, que para o Cisne se producirá o 17 de setembro na Municipal fronte ao Unión Financeira Oviedo.
Precisamente o cadro asturiano será ademais un dos adversarios na pretempada, o 18 de agosto nun torneo triangular no que tamén estará o Ademar de León.
Ademais o calendario de preparación inclúe partidos contra o Povoa AC portugués (12 de agosto), a Supercopa Galicia contra o Cangas (27 de agosto) e un choque fronte ao Atlético Novás (30 de agosto). Eses son os encontros xa confirmados, pero tamén está previsto un último partido, aínda por pechar, o día 2 de setembro.
Relacionadas:
-
A nova campaña de socios do Cisne é "por elas"
Por Diego Espiño |
-
O Cangas leva a Supercopa Galicia ante un combativo Cisne (33-28)
Por Almu Dapena |
-
A Supercopa Galicia, en xogo para Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
O Cisne faise co Torneo Peregrina
Por Redacción |
-
O Torneo Peregrina, "un cartel súper atractivo" para ver en acción o novo proxecto do Cisne
Por Diego Espiño |
-
O Cisne comeza a pretempada con vitoria ante o Povoa portugués (31-28)
Por Redacción |
-
O Cisne inicia a súa aventura en Prata cun plantel rexuvenecido e da casa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A renovación de Carlos Ocaña pon a guinda ao plantel do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Marko Ojeda consolídase no primeiro equipo do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pombo e os canteiráns Román Arboleya, Carlos Morales e Diego López Mora renovan co Cisne
Por Redacción |
-
Terceira tempada de branco para Abián Rodríguez, que renova polo Cisne
Por Redacción |
-
Quiños e Jabato volven compartir banco á fronte do Cisne
Por Ramiro Espiño |
-
Martín Santos, outra perla da canteira do Cisne que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
O Cisne xa ten folla de ruta en Prata, con estrea o 17 de setembro na casa fronte ao Unión Financeira Oviedo
Por Diego Espiño |