O Cisne xa ten folla de ruta para a División de Honra Prata, con estrea o 17 de setembro na casa fronte ao Unión Financeira Oviedo

Por Diego Espiño
A Real Federación Española de Balonmán confirmou este martes o calendario de competición da División de Honra Prata, na que competirá a próxima tempada o Club Cisne.
A competición para os pontevedreses iniciarase na casa, o día 17 de setembro, recibindo no Pavillón Municipal dos Deportes o Unión Financeira Oviedo.
Unha semana máis tarde, o primeiro desprazamento do curso será o derbi galego fronte ao Atlético Novás, no Rosal.
En canto ao resto de datas clave, a primeira volta concluirá o 14 de xaneiro cun Guadalajara-Cisne, o que fai que a última xornada do campionato sexa tamén na Boa Vila ante o mesmo equipo, o 19 de maio. Pola súa banda o Atlético Novás visitará o Municipal o 28 de xaneiro na xornada 17 de liga.
A División de Honra Prata recuperará para a tempada 23-24 o seu formato pre-pandemia, cunha liga regular de 16 equipos na que ascenderá o campión de maneira directa a Asobal, mentres que do segundo ao quinto clasificado xogará o play-off de ascenso. Ademais manterase a promoción de ascenso/permanencia co antepenúltimo clasificado de Asobal, e xogarase outro play-off de permanencia/ascenso entre o 13º clasificado e o mellor segundo clasificado dos grupos de fase de ascenso de Primeira Nacional Masculina.
Consulta o calendario da liga de Prata na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño |
-
O pivote Rubén Etayo, segunda fichaxe do Cisne para a súa nova tempada en División de Prata
Por Redacción |
-
Dani Serrano renova co Cisne
Por Redacción |
-
Iván Calvo renova co Cisne cunha ilusión: "Volver ascender a Asobal"
Por Redacción |
-
Impulso ao balonmán feminino na comarca: Cisne e Poio Artai buscan xogadoras
Por Redacción |
-
Jabato dálle o si ao Cisne e volverá adestrar o equipo na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Despedida amarga de Liga Asobal para un Cisne que non puido co Logroño (33-32)
Por Almu Dapena |
-
Álex Chan, o adeus dun xogador referente para o Cisne: "Isto non podía ser eterno e este ano toca despedirnos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Javier Márquez despídese do Cisne: "Desgraciadamente non puido ser o que todos queriamos"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |