Martín Santos, outra perla da canteira do Cisne que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción
Unha das claves do crecemento do Cisne nos últimos anos está na decidida aposta pola súa canteira. Canteiráns como Álvaro Preciado ou Carlos Álvarez foron claves nos éxitos do equipo branco antes de facer as maletas para seguir avanzando na súa carreira. No espello destas dúas figuras debe mirarse Martín Santos, que este ano dará o salto definitivo desde a base ao primeiro equipo da escuadra lerezana.
O club anunciou a través das súas redes sociais a ampliación do contrato da súa nova promesa e a súa incorporación ao primeiro equipo para formar parte do plantel que Jabato terá á súa disposición a próxima tempada en División de Honra Prata.
"Tras nove anos nas categorías base do club, vou pertencer ao equipo sénior do Cisne", declarou riseiro Martín Santos no vídeo que gravou para anunciar a súa renovación. Despois de agradecer o traballo e apoio dos seus adestradores, compañeiros e directiva ao longo do últimos nove anos, o talentoso extremo esquerdo está convencido de que "vai ser un ano moi duro, pero xunto á afección imos dar o 100 % para lograr os obxectivos", asegura.
Martín Santos concluíu o pasado curso a súa etapa como xuvenil e, como antes fixeron outros dos seus compañeiros, dá o salto ao primeiro equipo. Un novo paso que non lle será estraño, pois xa adestrou varias veces cos "maiores". A nova incorporación desenvólvese na posición de extremo esquerdo e no seu palmarés conta xa co título de campión de España xuvenil, que conseguiu cos xuvenís do Cisne cando aínda era cadete.
Ademais, no seo do equipo branco teñen depositadas grandes esperanzas na que pode ser a nova xoia da canteira cisneísta.
Relacionadas:
-
Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño |
-
A renovación de Carlos Ocaña pon a guinda ao plantel do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Marko Ojeda consolídase no primeiro equipo do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pombo e os canteiráns Román Arboleya, Carlos Morales e Diego López Mora renovan co Cisne
Por Redacción |
-
Terceira tempada de branco para Abián Rodríguez, que renova polo Cisne
Por Redacción |
-
Javier Carballo, novo preparador físico do Club Balonmano Cisne
Por Redacción |
-
Quiños e Jabato volven compartir banco á fronte do Cisne
Por Ramiro Espiño |
-
O especialista defensivo Alejandro Conde apúntase ao novo reto do Cisne
Por Redacción |
-
Javi Vázquez vai a pola súa undécima tempada consecutiva no Cisne
Por Redacción |
-
Bruno Vázquez renova e cumprirá tres anos como xogador do primeiro equipo do Cisne
Por Redacción |
-
O pivote Rubén Etayo, segunda fichaxe do Cisne para a súa nova tempada en División de Prata
Por Redacción |