Quiños e Jabato volven compartir banco á fronte do Cisne

Por Ramiro Espiño
Tras o anuncio oficial de Javier Fernández 'Jabato' da súa decisión de volver ao primeiro plano facéndose cargo do equipo do Cisne na próxima tempada en División de Honra Prata, parecía cantado que o seu segundo adestrador non podía ser outro que aquel con o que conseguiu os maiores logros da historia do club branco, con dous ascensos a Liga Asobal. E así foi. O club que preside Javier Picallo anunciou a renovación como segundo adestrador de Marcos Otero 'Quiños', que novamente será a man dereita do técnico de Ciudad Real.
Aínda que a noticia da volta de 'Jabato' ao primeiro equipo filtrouse hai xa varios días, non foi ata este venres cando o club branco fíxoa oficial para, menos de 24 horas máis tarde, anunciar tamén a renovación de 'Quiños', coa que recupérase un tandem que coñece mellor que ninguén a filosofía do club e os xogadores cos que conta, nunha tempada sen retos recoñecidos, pero coa vista posta en loitar polo que sería terceiro ascenso á máxima categoría.
O Cisne partirá como un dos favoritos a un ascenso que, polo que parece, estará máis caro que nunca, cuns rivais que se están reforzando moito formando unha categoría moi competitiva e de alto nivel deportivo.
Relacionadas:
-
O Cisne inicia a súa aventura en Prata cun plantel rexuvenecido e da casa
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño |
-
A renovación de Carlos Ocaña pon a guinda ao plantel do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Marko Ojeda consolídase no primeiro equipo do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Carlos Pombo e os canteiráns Román Arboleya, Carlos Morales e Diego López Mora renovan co Cisne
Por Redacción |
-
Terceira tempada de branco para Abián Rodríguez, que renova polo Cisne
Por Redacción |
-
Javier Carballo, novo preparador físico do Club Balonmano Cisne
Por Redacción |
-
Martín Santos, outra perla da canteira do Cisne que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
O especialista defensivo Alejandro Conde apúntase ao novo reto do Cisne
Por Redacción |
-
Javi Vázquez vai a pola súa undécima tempada consecutiva no Cisne
Por Redacción |
-
Jabato dálle o si ao Cisne e volverá adestrar o equipo na División de Honra Prata
Por Diego Espiño |