Carlos Pombo e os canteiráns Román Arboleya, Carlos Morales e Diego López Mora renovan co Cisne
Por Redacción
Os anuncios de renovacións non cesan no Cisne, que esta semana comunicou a continuidade de catro dos seus xogadores: Carlos Pombo, Román Arboleya, Carlos Morales e Diego López Mora.
Á marxe da ampliación de contrato de Pombo, xa consolidado no primeiro equipo, as outras tres renovacións deixan constancia do compromiso que mantén o equipo branco coa súa canteira. O pivote Arboleya e o extremo López Mora xa dispuxeron de minutos o pasado curso en Asobal e este ano serán parte importante do plantel que Jabato terá á súa disposición. Do mesmo xeito, Carlos Morales dá o salto definitivo ao equipo sénior tras completar a súa formación nas categorías inferiores.
"Estou moi contento de poder seguir un ano máis no club”, coincidiron en afirmar os mozos Arboleya e López que inauguraron a principios de semana o carrusel de renovacións. "Estou moi contento, con moitas ganas de empezar a miña etapa sénior e achegar ao equipo todo o que poida", engadiu o debutante Morales agradecendo a confianza depositada nel por parte da directiva. "Estou seguro de que vai ser un gran ano", rematou.
O encargado de pechar esta serie de ampliacións de contrato foi Carlos Pombo. A través dun vídeo publicado nas redes sociais da entidade lerezana, o lateral mostrouse "superorgulloso de seguir formando parte desta familia".
Os catro seguirán defendendo as cores do Cisne polo menos unha tempada máis.
Relacionadas:
-
Seis amigables para unha pretempada do Cisne que dará comezo o 3 de agosto
Por Diego Espiño |
-
A renovación de Carlos Ocaña pon a guinda ao plantel do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Marko Ojeda consolídase no primeiro equipo do Cisne
Por Diego Espiño |
-
Terceira tempada de branco para Abián Rodríguez, que renova polo Cisne
Por Redacción |
-
Javier Carballo, novo preparador físico do Club Balonmano Cisne
Por Redacción |
-
Quiños e Jabato volven compartir banco á fronte do Cisne
Por Ramiro Espiño |
-
Martín Santos, outra perla da canteira do Cisne que dá o salto ao primeiro equipo
Por Redacción |
-
O especialista defensivo Alejandro Conde apúntase ao novo reto do Cisne
Por Redacción |
-
Javi Vázquez vai a pola súa undécima tempada consecutiva no Cisne
Por Redacción |
-
Bruno Vázquez renova e cumprirá tres anos como xogador do primeiro equipo do Cisne
Por Redacción |