Supermercados Froiz alcanza o quinto posto por equipos na Volta a Zamora
Por Ramiro Espiño
Tras a disputa das dúas primeiras etapas da Volta a Zamora, o GD Supermercados Froiz afrontaba este sábado a etapa reina da proba con opcións para o seu corredor Saúl Burgos, que estaba a só 6 segundos do liderado, mentres José Autrán perdía 50 segundos.
Nesa etapa reina con inicio e final en Lubián, sabíase que ía ser unha carreira de eliminación con 3.500 metros de desnivel e así foi. Á última subida ao parque eólico de Lubián chegaban só 15 corredores, que encabezaban a carreira co resto do pelotón roto. Entre eses 15 atopábanse as dúas mellores opcións da escuadra alimenticia, pero a desgraza en forma de picada cebouse con Saúl Burgos, pouco antes do cruzamento cara ao comezo do porto, o que lle obrigou a facer un esforzo para volverse a meter no grupo de favoritos, que pagaría nos quilómetros finais, sendo 14º en liña de meta, nunha etapa espectacular que gañaría Sergio Chumil.
Este domingo, na última etapa con chegada prevista ao sprint e cunha media de 45 km/h. Alejandro Gómiz fíxose para o Froiz coa 2ª praza do podium, nun sprint moi rifado co corredor Italiano do Eolo Kometa, Tommaso Bessega.
O gañador absoluto da volta foi Sergio Chumil, do CC Padronés Cortizo, que revalidaba título para o seu equipo.
Sen ser un obxectivo principal nesta proba, o equipo conseguiu un 5º posto por equipos, entre as 20 escuadras participantes, unha clasificación que gañaría tamén o C.C. Padronés Cortizo.
O vindeiro martes arrincará un dos grandes obxectivos dos sub23, coa participación na volta a Madrid.
Relacionadas:
-
Talento novo para a reconstrución do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Dous ciclistas do Froiz, a proba con equipo profesional portugués Tavfer Ovos Matinados Mortagua
Por Redacción |
-
Daniel Jiménez faise co título de montaña na Volta a Madrid
Por Almu Dapena |
-
O Supermercados Froiz busca o triunfo na Volta a Zamora
Por Redacción |
-
Fin de semana de podios para Froiz e XSM
Por Redacción |
-
O poiense Raúl Casalderrey, o mellor do Froiz no Campionato de España cun sétimo posto
Por Almu Dapena |