Fin de semana de podios para Froiz e XSM
Por Redacción
Na fin de semana previa ao Campionato de España de XCO, os títulos galegos da especialidade olímpica da bicicleta de montaña puxéronse en xogo este sábado na localidade lucense Outeiro de Rei, onde participaron as ciclistas do Supermercados Froiz Aroa Otero e Uxía Soto, e as do XSM Marta Estévez e Lorena Patiño.
Na carreira xuvenil feminina o podio foi para as escuadras pontevedresa e marinense, con Aroa Otero coroándose campioa, seguida de Marta Estévez, que foi segunda, e Uxía Soto, que rematou terceira.
Pola súa banda, a campioa estatal en categoría cadete Lorena Patiño, unha semana despois de renovar o seu título en Cartagena, retivo a camisola autonómica con autoridade. A prata foi para Lara Pita (Cambre-Renault Caeiro) e a medalla de bronce recibiuna Iris Fernández (Academia Postal-Maceda).
Na carreira élite os grandes dominadores foron a grovense Lara Lois (RG Bikes) sumou o seu quinto campionato e o monfortino Saúl López (Academia Postal-Maceda), o cuarto.
Alejandro García (Academia Postal-Maceda) foi o campión da carreira junior masculino; Mauro Vega (Coruxo) foi o mellor dos cadetes; nos grupos de idade Raquel Estévez e José Ramón Villanueva (Código Bike) gañaron a máster-30; Silvia García (Bici Verde) e Jorge Aguín (Moto Bike), a máster-40; Antonio Rodríguez (Ourense Termal) foi o líder da máster-50, e Antono González (Salvetarra de Miño) gañou o máster-60.
A clausura da xornada púxose cunha cerimonia de entrega de premios na que participaron Pilar Méndez Lombao, concelleira de Deportes de Outeiro de Rei; Marcos Gascón e Miguel Ángel Arias por parte do Team Bike Outeiro de Rei; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.
GRAN FONDO ÉZARO
Durante a fin de semana tamén se celebrou o Gran Fondo Ézaro, no que a ciclista do Supermercados Froiz, Ana Portela, alzouse co primeiro posto da xeral da categoría feminina ao ser a máis rápida en completar o percorrido de 105 kilómetros e 2.000 metros de desnivel.
Nas carreiras masculinas Samuel Sánchez colgouse a medalla de ouro e Ángel Maneiro foi o segundo clasificado en categoría de 15 a 34 anos.
Relacionadas:
-
Dous ciclistas do Froiz, a proba con equipo profesional portugués Tavfer Ovos Matinados Mortagua
Por Redacción |
-
Daniel Jiménez faise co título de montaña na Volta a Madrid
Por Almu Dapena |
-
A grovense Lara Lois dá a Galicia o seu primeiro título nacional de XCO
Por Redacción |
-
Supermercados Froiz alcanza o quinto posto por equipos na Volta a Zamora
Por Ramiro Espiño |
-
O Supermercados Froiz busca o triunfo na Volta a Zamora
Por Redacción |
-
O poiense Raúl Casalderrey, o mellor do Froiz no Campionato de España cun sétimo posto
Por Almu Dapena |
-
A porriñesa Laura Mira 'promociona' ao equipo UCI Continental do Farto
Por Redacción |
-
O sub23 do Froiz Rubén Fandiño, novo campión de Galicia de fondo en estrada
Por Redacción |