O Supermercados Froiz busca o triunfo na Volta a Zamora
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz participa estes días na Volta a Zamora.
Tras a disputa das dúas primeiras etapas chairas sen movementos importantes na xeral, foi este venres cando o pelotón comezou a moverse. Nunha etapa de media montaña, o Supermercados Froiz logrou meter na fuga a Saúl Burgos, que cruzou a meta a só seis segundos do gañador, Jan Castelló do Caixa Rural. O líder da formación, Jose Autran, non tivo o seu mellor día e perdeu 50 segundos na genreal.
Con todo, nas filas alimenticias están convencidos de que este sábado poden dar un envorco á clasificación xeral coa disputa da etapa reina en Lubián.
Un percorrido cun desnivel acumulado de 3.270 metros deseñado especialmente para que escaladores como Saúl Burgos ou Jose Autran ofrezan a súa mellor versión e dean un golpe sobre a mesa nunha das carreiras máis importantes do calendario nacional.