A selección española infantil de natación artística conta coa pontevedresa Daniela Suárez para preparar o mundial
Por Redacción
A nadadora artística pontevedresa do Galaico Sincro Daniela Suárez foi convocada para a concentración preparatoria da selección española infantil para o mundial de Atenas. A talentosa nadadora lerezana concentrarase co resto das súas compañeiras do 2 ao 28 de agosto no Centro de Alto Rendemento de Barcelona.
Os bos resultados conseguidos pola prometedora deportista no campionato de España celebrado en Lanzarote a pasada fin de semana decantaron a balanza mundialista ao seu favor. A pontevedresa terminou entre as dez mellores do país na modalidade de figuras e logo superou as probas de selección para o campionato do mundo que comeza o 30 de agosto na capital grega.
Daniela Suárez convocada para concentración de preparación del mundial infantil de natación artística de Atenas 2023. Del 2 al 28 de agosto en el CAR de Barcelona.@DeportesPO @Pontevedrate @fganatacion @riasdosur@VisitPontevedra @depo_es @deporte_galego @arenasport1973 pic.twitter.com/ByerkDip2n
— Club Galaico Sincro (@sincrogalaico) July 3, 2023
Con só 14 anos de idade, Daniela non só destaca en competicións nacionais da súa categoría, no último campionato de Europa logrou un triplete cun ouro na rutina de equipo, prata na combinada e bronce no dúo mixto.
Ademais, xa sabe o que é subirse todo o máis alto do podio no último mundial, logrouno na rutina de equipo libre sendo unha das máis novas da competición nun emocionante desempate coas seleccións de Estados Unidos e Xapón.
Relacionadas:
-
Daniela Suárez dá o salto á Selección Española Júnior de natación artística
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Daniela Suárez, que recibirá a medalla ao mérito deportivo da RFEN
Por Redacción |
-
Daniela Suárez tamén se leva a prata no mundial infantil de natación artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez cólgase o bronce no mundial infantil de natación artística
Por Redacción |
-
Daniela Suárez prepárase en Barcelona para a súa participación no mundial infantil de natación artística
Por Redacción |
-
Un Galaico Sincro de récord na natación artística galega
Por Redacción |
-
A base do Galaico Sincro brilla en Oviedo e clasifícase para o campionato de verán de Primeira División
Por Redacción |
-
Iván González e Daniela Suárez poñen o Galaico Sincro no radar da Federación Española de Natación
Por Redacción |
-
Daniela Suárez recibirá a Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Española de Natación
Por Diego Espiño |
-
Un ouro mundialista histórico para a natación artística pontevedresa e galega
Por Redacción |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, subcampioa do mundo en natación artística
Por Redacción |