Iván González e Daniela Suárez poñen o Galaico Sincro no radar da Federación Española de Natación
Por Redacción
Máis aló da complicada situación que vive pola incerteza sobre o futuro do complexo deportivo Rías do Sur, o Club Galaico Sincro está de parabén no deportivo.
Dous dos seus nadadores foron seleccionados pola Real Federación Española de Natación para senllas concentracións nacionais.
Un deles é Iván González, chamado xunto a outros 13 deportistas de toda a España a participar nas xornadas técnicas masculinas que a Federación desenvolverá en San Cugat do Vallés, do 10 ao 12 de decembro. O pontevedrés repetirá presenza nunhas xornadas que xa se celebraron o pasado ano e no que o staff técnico federativo realiza un seguimento aos nadadores masculinos con máis proxección do país, con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos.
Doutra banda e tras conseguir o sexto posto no recente Campionato de España de Figuras, Daniela Suárez foi seleccionada para unha concentración de categoría infantil na que o obxectivo é preparar a participación de España no Campionato do Mundo 2023 da categoría, e que terá lugar do 1 ao 5 de decembro na localidade madrileña de Buitrago de Lozoya.
Suárez recibiu ademais durante o campionato a medalla extraordinaria ao mérito deportivo que a Real Federación Española de Natación outorgou aos compoñentes das seleccións junior e infantil que a tempada pasada fixéronse cos campionatos de Europa e do Mundo, como foi o caso da deportista do Galaico Sincro.
Relacionadas:
-
Daniela Suárez cólgase o bronce no mundial infantil de natación artística
Por Redacción |
-
A selección española infantil de natación artística conta coa pontevedresa Daniela Suárez para preparar o mundial
Por Redacción |
-
A base do Galaico Sincro brilla en Oviedo e clasifícase para o campionato de verán de Primeira División
Por Redacción |
-
Catro podios para o Galaico Sincro no autonómico técnico júnior
Por Redacción |
-
Daniela Suárez recibirá a Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Española de Natación
Por Diego Espiño |
-
A nadadora artística Daniela Suárez segue recibindo felicitacións, hoxe no Concello
Por Redacción |
-
Un ouro mundialista histórico para a natación artística pontevedresa e galega
Por Redacción |