
© Cristina Saiz
Tres renovacións máis deixan o plantel do Teucro perfilado para a próxima tempada

Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro ten xa moi avanzada a planificación deportiva para a próxima tempada, na que competirá en Primeira Nacional.
O club pontevedrés apostou pola continuidade no seu proxecto da man de Irene Vilaboa no banco, e nos últimos días anunciou tres renovacións para un total de 12 no que respecta a o plantel do recentemente finalizado curso.
Ás continuidades súmase ademais a única fichaxe ata a data, a do extremo Daniel Vicente Pintus.
En canto ás renovacións, as últimas ata a data en ser confirmadas foron as do pivote Martín González, Kiko de Carlos e Sergio Cortizo.
RENOVACIÓN | O pivote Martín González renova unha tempada máis.
— Lirón Teucro (@sdteucro) June 8, 2023
Suma un reforzo importante ó plantel da tempada 23/24. Seguimos#SomosAzuis #ImosTeucro pic.twitter.com/bSnvgWtDAu
RENOVACIÓN | Kiko de Carlos súmase á lista de renovados.
— Lirón Teucro (@sdteucro) June 7, 2023
Continuará outro ano xogando no Teucro. Moi contentos.#SomosAzuis #ImosTeucro pic.twitter.com/EqQFy9HcKb
RENOVACIÓN | O extremo dereito, Sergio Cortizo, continuará defendendo as nosas cores un ano máis.
— Lirón Teucro (@sdteucro) June 6, 2023
Estamos moi contentos de anunciar a renovación deste canteirán que decide seguir sumando con nós.#SomosAzuis #ImosTeucro pic.twitter.com/13QYssHuu4
Estes tres homes, xunto á fichaxe anunciada, únense aos tamén renovados Rhuan Marchette, Brais Cerviño, Miguel Jiménez Pello, Martín Fernández, Caue Herrera, Sergio Blond, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, o que deixa xa pouca marxe para as novidades aínda que se espera algunha incoporación que complete o proxecto e poida colaborar no paso adiante a nivel de rendemento que se espera desde o vicedeno de fronte ao próximo curso.
Relacionadas:
-
O brasileiro Caio da Silva, nova incorporación do Teucro
Por Redacción |
-
Presentada a campaña de socios do Teucro para unha tempada que "vai marcar un antes e un despois"
Por Diego Espiño |
-
Ánimos renovados no Teucro co inicio dunha nova tempada
Por Redacción |
-
O Teucro ficha experiencia con Eloy Krook
Por Redacción |
-
Javi Santana regresa por terceira vez para defender a portería do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
O Teucro acelera a planificación do seu novo proxecto coa fichaxe de Daniel Vicente Pintus
Por Redacción |
-
A portería do Teucro colle forma coas renovacións de Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández
Por Redacción |
-
Caue Herrera e Sergio Blond agrandan a lista de renovacións no Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro inicia a súa reconstrución: Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, os primeiros en renovar
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa continuará como adestradora do Teucro por cuarta tempada consecutiva
Por Redacción |