Caue Herrera e Sergio Blond agrandan a lista de renovacións no Teucro

Por Redacción
O novo proxecto deportivo da Sociedad Deportiva Teucro na Primeira Nacional empeza a tomar forma.
O primeiro na casa azul está a ser confirmar os xogadores que seguen no equipo e sobre os que se apoiará o plantel co que esperan na entidade dar un paso á fronte a próxima tempada.
Os últimos en renovar foron por unha banda o pivote brasileiro Caue Herrera e por outro o canteirán Sergio Blond.
No que respecta a Caue, o club pontevedrés asegura que "a súa habilidade, a súa dedicación e a súa paixón polo xogo son imprescindibles no noso equipo", mentres que Blond "co seu telanto e dedicación convértese en peza crave do equipo".
RENOVACIÓN | O noso pivote, Cauê Herrera, continuará no Teucro a próxima tempada.
— Lirón Teucro (@sdteucro) May 26, 2023
A súa habilidade no campo, a súa dedicación e a súa paixón polo xogo son imprescindibles no noso equipo.
Jogo bonito e samba na pista.
#SomosAzuis #ImosTeucro @Caue_Herrera pic.twitter.com/fdJg9VfYB5
RENOVACIÓN | O noso canteirán, Sergio Blond, continuará un ano máis defendendo o noso escudo.
— Lirón Teucro (@sdteucro) May 28, 2023
Co seu talento e a súa dededicación convértese en peza clave do equipo.
Puro ADN teucrista.#SomosAzuis #ImosTeucro pic.twitter.com/V75EtPhbl3
Con eles dous son xa cinco os xogadores confirmados no Teucro para a próxima tempada, ademais da adestradora Irene Vilaboa, ao unirse Caue e Sergio Blond a unha lista na que xa figuraban Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas.
Relacionadas:
-
Tres renovacións máis deixan o plantel do Teucro perfilado para a próxima tempada
Por Redacción |
-
O Teucro acelera a planificación do seu novo proxecto coa fichaxe de Daniel Vicente Pintus
Por Redacción |
-
A portería do Teucro colle forma coas renovacións de Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández
Por Redacción |
-
O Teucro inicia a súa reconstrución: Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, os primeiros en renovar
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa continuará como adestradora do Teucro por cuarta tempada consecutiva
Por Redacción |
-
O Teucro despide a tempada con derrota ante o Lalín (22-31)
Por Redacción |