A portería do Teucro colle forma coas renovacións de Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández

Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro asegura a súa portería cunha dobre renovación.
O club pontevedrés confirmou a continuidade dos seus gardametas Miguel Jiménez Pello e Martín Fernández.
"A súa soa presenza na nosa portería é sinónimo de seguridade e confianza para todo o equipo", sinala o Teucro sobre a renovación de Martín.
RENOVACIÓN | Martín Fernández renova co Teucro.
— Lirón Teucro (@sdteucro) May 31, 2023
Hai case un ano chegou ás nosas filas procedente do Balonmán Moaña e estamos moi contentos de ter a Martín un ano máis.
A súa presenza na nosa portería é sinónimo de seguridade e confianza para todo o equipo. #SomosAzuis pic.twitter.com/2GMj2E64Nk
RENOVACIÓN | Miguel Jiménez Pello continuará un ano máis defendendo a nosa portería.
— Lirón Teucro (@sdteucro) June 1, 2023
Seguimos crecendo xuntos.
Noraboa‼️#SomosAzuis #ImosTeucro pic.twitter.com/U5wGej6Ora
Con eles pasan xa a ser sete os xogadores confirmados para o que será o segundo proxecto teucrista na Primeira Nacional, ao unirse a unha lista na que xa figuraban Caue Herrera, Sergio Blond, Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, ademais da adestradora Irene Vilaboa.
Relacionadas:
-
Ánimos renovados no Teucro co inicio dunha nova tempada
Por Redacción |
-
O Teucro ficha experiencia con Eloy Krook
Por Redacción |
-
Javi Santana regresa por terceira vez para defender a portería do Teucro
Por Ramiro Espiño |
-
Tres renovacións máis deixan o plantel do Teucro perfilado para a próxima tempada
Por Redacción |
-
O Teucro acelera a planificación do seu novo proxecto coa fichaxe de Daniel Vicente Pintus
Por Redacción |
-
Caue Herrera e Sergio Blond agrandan a lista de renovacións no Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro inicia a súa reconstrución: Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas, os primeiros en renovar
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa continuará como adestradora do Teucro por cuarta tempada consecutiva
Por Redacción |