Baltar, A Lomba, Burgáns e A Senra póñense a punto para acoller a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol está a traballar contrarreloxo para que todo estea en perfectas condicións para o inicio da Fase Final da Copa Rexións UEFA que se vai a disputar desde o 9 ata o 17 de xuño.
Representantes da UEFA atópanse de feito xa en Sanxenxo, base de operacións da fase final, para pasar revista aos catro campos de xogo e tamén os que van acoller os entrrenamientos das oito selecciones participantes.
Os campos da provincia nos que se disputará a fase final son os de Baltar (Portonovo), A Lomba (Vilagarcía), Burgáns (Cambados) e A Senra (Ribadumia).
En canto ás seleccións participantes, ademais de Galicia competirán no evento Bavaria (Alemaña), Lisboa (Portugal), Belgrado (Serbia), Irlanda Amateur (Irlanda), Donoslaski (Polonia), Zlin (República Checa) e Zenica-Doboj (Bosnia).
As instalacións están a ser objeti estes días de labores de coidados específico do céspede ademais dunha adecuación xeral, grazas ao esforzo da Federación Galega de Fútbol e os clubs titulares de cada un dos campos.
Relacionadas:
-
Galicia, a un paso de tocar o ceo na Lomba
Por Redacción |
-
Á final! Galicia tomba a Bavaria (1-0) e acariña o título da Copa de Rexións UEFA
Por Diego Espiño |
-
Galicia derrota a Bosnia e xogarase o pase á final da Copa de Rexións UEFA ante Alemaña (2-1)
Por Redacción |
-
Galicia dobrega a Irlanda no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA (2-0)
Por Diego Espiño |
-
Galicia xa traballa sobre o céspede pensando no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Presentada a Fase Final da Copa das Rexións UEFA que se xogará nas Rías Baixas do 9 ao 17 de xuño
Por Diego Espiño |
-
A UEFA confirma a Baltar, A Lomba, A Senra e Burgáns como sedes da fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
A UEFA examina os campos de herba do Salnés para acoller a fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |