Galicia, a un paso de tocar o ceo na Lomba
Por Redacción
Galicia e Belgrado veranse as caras este sábado na Lomba (19:00 horas) na que será a gran final da Copa das Rexións da UEFA.
O camiño cara á final non foi fácil para ningún dos dous, que tiveron que superar a Irlanda, Zenica-Doboj (Bosnia) e ao subcampión de 2019, Bavaria, no caso dos anfitrións, e a Dolnośląski, Zlín e Lisboa por parte dos serbios.
Ao chegar á final, Galicia converteuse na quinta rexión española diferente en disputala e, no caso de gañar, podería establecer un novo récord ao convertirse no terceiro equipo dun mesmo país en facelo despois de País Vasco en 2005 e Castela e León en 2009. Italia ten tres vitorias, dúas para Veneto en 1999 e 2013 e outra para C. R. Piemonte Vale d Aosta en 2003.
No caso de Serbia, nunca antes tivera un finalista aínda que xa Belgrado, no ano 2011, fíxose co bronce da Copa das Rexións da UEFA.
Con motivo deste enfrontamento, os seleccionadores de Galicia e Belgrado e os capitáns dos dous equipos compareceron este venres sobre o verde da Lomba na previa oficial da cita.
Iván Cancela, seleccionador de Galicia, destacou que "o camiño aquí foi complicado porque había moitos equipos que podían chegar a esta final" e afirmou que "Belgrado é un bo equipo con bos xogadores", polo que pensa que será "un bo partido e será moi importante para Galicia marcar o ritmo a través da posesión do balón".
Pola súa banda, o capitán local, Jesús Varela, recoñeceu que lle gustaría que "o estadio estea cheo" e que "A Lomba nos leve en voandas" para tocar o ceo da competición.
O técnico serbio, Goran Janković, admitiu que "os galegos xogaron o mellor fútbol na fase de grupos, así que será un partido duro, moi difícil para nós". Á súa vez cree que o seu equipo mellorou dun partido a outro, polo que esperan "mostrar o mellor de nós. Coñecemos a súa calidade e terán unha gran afección detrás, así que teremos moita motivación para mostrar o noso mellor fútbol. Se antes do torneo alguén nos houbesen dito que xogariamos a final quedaríamos satisfeitos, pero agora queremos máis."
Finalmente, Miloš Šarić, o capitán de Belgrado, considera que "será un partido difícil para nós" aínda que "estamos ansiosos polo ambiente e esperamos que as bancadas estean cheas".
Relacionadas:
-
Galicia fai historia e proclámase campioa de Europa tras tombar a Belgrado (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Á final! Galicia tomba a Bavaria (1-0) e acariña o título da Copa de Rexións UEFA
Por Diego Espiño |
-
Galicia derrota a Bosnia e xogarase o pase á final da Copa de Rexións UEFA ante Alemaña (2-1)
Por Redacción |
-
Galicia dobrega a Irlanda no seu debut na Fase Final da Copa de Rexións UEFA (2-0)
Por Diego Espiño |
-
Presentada a Fase Final da Copa das Rexións UEFA que se xogará nas Rías Baixas do 9 ao 17 de xuño
Por Diego Espiño |
-
Baltar, A Lomba, Burgáns e A Senra póñense a punto para acoller a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |