Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción
Non fallou a Selección Galega de Fútbol Afeccionado no seu terceiro e último partido da Fase Intermedia da Copa de Rexións UEFA, celebrado este xoves no estadio da Lomba de Vilagarcía, para facer historia e chegar or primeira vez á Fase Final da competición continental.
Galicia, que vencera os seus dous primeiros encontros, medíase ao conxunto de Pest (Hungría) e non defraudou logrando un empate (1-1) que lle vale para sacar o billete cara á rolda final que se celebrará o próximo mes de xuño nunha sede aínda por determinar.
Aos de Iván Cancela valíalles o empate para liderar o grupo, pero saíron a por todas gozando de ocasións para adiantarse no marcador no primeiro acto.
Non o fixeron pero tras o descanso os locais atopaban premio á súa ambición cun gol de Adri Otero rematando ao segundo pau un envío de Jesús Varela.
Coa tranquilidade do resultado a favor foron pasando os minutos, e aínda que Pest puido empatar a falta de 10 minutos, sacando Ramón baixo paus, a clasificación non perigou, porque a igualada dos húngaros chegou xa no desconto e sen tempo para máis sustos.
Relacionadas:
-
Presentada a Fase Final da Copa das Rexións UEFA que se xogará nas Rías Baixas do 9 ao 17 de xuño
Por Diego Espiño |
-
Baltar, A Lomba, Burgáns e A Senra póñense a punto para acoller a Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
A UEFA examina os campos de herba do Salnés para acoller a fase final da Copa das Rexións
Por Redacción |
-
Portas abertas na Lomba para o decisivo partido entre Galicia e Pest
Por Redacción |
-
Galicia supera a Suíza en Baltar e está a un paso da seguinte rolda na Copa de Rexións UEFA (2-1)
Por Redacción |
-
Triunfo de Galicia na Lomba na súa estrea na Fase intermedia da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Galicia debuta o xoves contra o representante de Eslovenia na fase intermedia da Copa de Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |