Triunfo de Galicia na Lomba na súa estrea na Fase intermedia da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción
Estrea soñada para a Selección Galega de Fútbol Afeccionado na Fase Intermedia da Copa de Rexións UEFA que se disputa estes días nos campos de Baltar en Portonovo e A Lomba en Vilagarcía.
Neste segundo escenario, na capital arousá, Galicia impúxose este xoves no seu primeiro encontro a Eslovenia (3-0) para poñerse líder do seu grupo.
A pesar do claro do resultado foi un encontro traballado por parte dos locais, que gozaron de ocasións no primeiro acto pero que non se adiantaron ata despois do descanso. Foi no minuto 47 por medio de Félix Rial.
Co marcador a favor os galegos foron a por máis e atoparon premio aos 71 minutos nunha gran xogada individual de Álex Rey. Cotilla, ao fío do tempo regulamentario, redondería o marcador para alegría da bancada.
Relacionadas:
-
Galicia certifica na Lomba o seu pase á Fase Final da Copa de Rexións UEFA
Por Redacción |
-
Portas abertas na Lomba para o decisivo partido entre Galicia e Pest
Por Redacción |
-
Galicia supera a Suíza en Baltar e está a un paso da seguinte rolda na Copa de Rexións UEFA (2-1)
Por Redacción |
-
Galicia debuta o xoves contra o representante de Eslovenia na fase intermedia da Copa de Rexións da UEFA
Por Redacción |
-
Baltar e A Lomba, sedes da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA
Por Redacción |