O Poio Pescamar empata co Marín e xogarase o segundo posto ante o Burela (2-2)
Por Redacción & Cristina Saiz
Repartición de puntos entre Marín Futsal e Poio Pescamar no Derbi da Ría disputado este sábado no Pavillón da Raña e no que calquera puido facerse co triunfo nos últimos compases. Este resultado deixa ás conserveiras pendentes da última xornada na que se xogarán o segundo posto ante o Burela.
O partido comezou coas locais avisando sobre a portería de Elena cun disparo de Café. Aos poucos foi o Poio o que se foi facendo co control do xogo, pero aos 12 minutos, en xogada de estratexia á saída dun saque de esquina, era o Marín o que se adiantaba. Adri, cun potente chute, anotaba o primeiro gol da tarde.
Aos dous minutos do segundo tempo chegou a reacción das vermellas por medio de Chiesa, dando paso aos mellores instantes dun Poio que quería a vitoria pero topábase continuamente con Silvia Aguete.
Parecía que as de López-Tulla dominaban, pero nun erro defensivo, María León aproveitou un envío longo e adiantou unha vez máis ás súas.
Optou polo xogo de cinco o cadro visitante con Luci como porteira xogadora en busca da reacción e, nun dos ataques, Anna Escribano ao segundo pau fixo o 2-2.
Quedaban aínda dous minutos por disputarse e esta vez foi o Marín o que respondeu con Lara Balseiro como quinta xogadora, pero ningún equipo, a pesar dos intentos de facerse cos tres puntos, foi capaz de asinar a vitoria.
Este resultado deixa ao Poio Pescamar pendente da última xornada na que se xogará o segundo posto ante o Burela de fronte ao play-off polo título de liga.
MARÍN FUTSAL (2): Silvia Aguete; Pau, Café, Ale de Paz e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Adri, María Estévez, Inés Mayán, Lara Balseiro e Nuria.
POIO PESCAMAR (2): Elena; Rocío, Luci, Laura Uña e Martita (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anna Escribano, Dani Sousa, Irene García, Chiesa e Elena Aragón.
Goles: 1-0, min. 12 Adri. 1-1, min. 22 Chiesa. 2-1, min. 36 María León. 2-2, min. 38 Escribano.
Incidencias: A Raña. Colexiados, Carreira Romero e Ferrero Carballal. Amoestaron a Nuria e Lara Balseiro no Marín.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar-Burela: Unha semifinal impredicible polo título
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar logra o segundo posto e faise co factor campo para o play-off ao vencer ao Burela (2-1)
Por Ramiro Espiño |
-
O Marín Futsal gústase en Majadahonda e despide a liga con goleada (0-7)
Por Ramiro Espiño |
-
Lara Balseiro, nova baixa nun Marín Futsal que renova a Adriana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
María Estévez, primeira pedra na reconstrución do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Silvia Aguete tamén pon punto e final á súa etapa no Marín Futsal
Por Redacción |
-
As saídas de Ceci e Pau abren a tempada de cambios no Marín Futsal
Por Redacción |
-
Un Derbi da Ría "anecdótico" entre un Marín Futsal e un Poio Pescamar cos deberes feitos
Por Redacción |
-
O Marín Futsal, sen premio na final da Copa Galicia ante a pegada do Burela (1-5)
Por Redacción |
-
Dous goles no último minuto dan a vitoria ao Marín Futsal ante o Teldeportivo (3-4)
Por Redacción |
-
Luci salva o Poio Pescamar a 15 segundos da final fronte ao Melilla nun ensaio para o play-off (2-2)
Por Redacción |
-
Traballado e meritorio triunfo do Poio Pescamar en Roldán para seguir na caza do líder (1-3)
Por Ramiro Espiño |