Luci salva o Poio Pescamar a 15 segundos da final fronte ao Melilla nun ensaio para o play-off (2-2)
Por Redacción
O liderado afástase a tres puntos para o Poio Pescamar a dúas xornadas do final da liga regular tras o empate que as vermellas cederon este sábado na Seca fronte a outro dos equipos xa clasificados para o play-off polo título, un Melilla que ten asegurada a cuarta posición.
No caso do Poio, está aínda por ver cal será a súa posición final, pero todo apunta xa a ter que defender o segundo lugar fronte a un Burela que aperta por detrás.
Máis aló diso, o choque deste sábado era todo un ensaio xeral para dous equipos que van pelexar polo campionato, e así se viu na igualdade que reinou sobre a pista.
Tras varias alternativas as locais goleparon primeiro cun gol de Laura Uña de volea aos 8 minutos á saída dun córner.
Puido ampliar rendas o Poio Pescamar, sobre todo coa oportunidade que brindaba a quinta falta visitante a máis de 6 minutos para o descanso. Con todo o que chegou foi o empate do Melilla, por medio de Lydia no minuto 17.
Con táboas chegaríase ao descanso, e a máxima igualdade manteríase ata a fase decisiva do duelo.
Así, a falta de 4 minutos, Luís López-Tulla arriscou en busca do triunfo dando entrada ao xogo de cinco. Saíulle mal e o Melilla puido adiantarse co 1-2 a portería baleira.
Faltaban dous minutos e o Poio Pescamar non se rendeu, atopando o premio do empate a só 15 segundos do final, cun tanto de Luci que facía xustiza.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar-Burela: Unha semifinal impredicible polo título
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar logra o segundo posto e faise co factor campo para o play-off ao vencer ao Burela (2-1)
Por Ramiro Espiño |
-
O Poio Pescamar empata co Marín e xogarase o segundo posto ante o Burela (2-2)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría "anecdótico" entre un Marín Futsal e un Poio Pescamar cos deberes feitos
Por Redacción |
-
Traballado e meritorio triunfo do Poio Pescamar en Roldán para seguir na caza do líder (1-3)
Por Ramiro Espiño |
-
A Selección Española Sub-15 convoca a Lía Ayestarán do Poio Pescamar e Sara Couso de La Peña
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un peleón Poio Pescamar leva o derbi contra o Ourense Envialia (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |