O equipo feminino da Gimnástica pasa o corte e pelexará polo ascenso a División de Honra
Por Redacción
Bo sabor de boca deixou á Sociedad Gimnástica a segunda xornada do Campionato de España de Clubs, coas ligas tanto de División de Honra como de Primeira División.
Na segunda desta categorías milita o equipo feminino pontevedrés, pero conseguiu pasar o corte entre os oito mellores e pelexará polo ascenso de categoría na xornada final da competición. A Gimnástica ocupa o oitavo lugar na clasificación xeral (361,5 puntos), facéndose co último billete para a final de honra, tras o segundo posto conseguido no enfrontamento desta fin de semana en Villafranca de los Barros (Badaxoz).
O vencedor do encontro foi o Cornellà At con 187 puntos, seguido da Gimnástica con 180,5 puntos, o CA Safor-Teika (176,5) e o CAPEX (140), que actuaba como local.
A nivel individual sumaron triunfos para a entidade da Boa Vila: Sabela Castelo (3.000 metros), Andrea Villaverde (lonxitude), María Ezquerro (peso e disco), Andrea González (xavelina) e Antía Chamosa (5.000 marcha).
PASO CARA Á PERMANENCIA DO EQUIPO MASCULINO
Pola súa banda na División de Honra o equipo masculino da Sociedad Gimnástica desprazouse a Pamplona, onde repetiu o terceiro posto do debut para dar un importante paso cara á permanencia na máxima categoría, ao pasar á xornada final no medio do pelotón de cola (undécimo) pero cunha importante marxe sobre os postos de perigo.
En Navarra o vencedor foi Grupompleo Pamplona (208 puntos) seguido de Trops-Cova de Nerja (196,5), Gimnástica (161,5) e AA Catalunya (121).
Os atletas ximnásticos que subiron a todo o máis alto do caixón nas súas probas foron: Pablo Bocelo (1.500 metros), Francisco López (110 valos), Manuel Anxo Simón (disco) e Daniel Chamosa (5.000 marcha).
A última xornada do Campionato de España de Clubs disputarase o próximo 10 de xuño.
Relacionadas:
-
A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións
Por Redacción |
-
Dani Chamosa bate o récord galego de 5.000 metros marcha
Por Almu Dapena |
-
A Gimnástica pecha a tempada co equipo masculino en División de Honra e o feminino en Primeira División
Por Almu Dapena |
-
O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady
Por Redacción |
-
Preto de 300 atletas estrean unha nova edición do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pamplona e Badaxoz, destino dos equipos da Gimnástica para a segunda xornada de liga
Por Redacción |
-
A Gimnástica cede o cetro autonómico ao Celta
Por Redacción |
-
Segundo e terceiro posto para a Gimnástica na primeira xornada do campionato de España de clubs
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica inicia este sábado o seu concurso en División de Honra e Primeira División
Por Redacción |