Dani Chamosa bate o récord galego de 5.000 metros marcha
Por Almu Dapena
O pontevedrés Dani Chamosa bateu este sábado no Campionato Xunta de Galicia Absoluto 2023 un novo récord galego en 5.000 metros marcha ao parar o cronómetro nun tempo de 19:40.38. O anterior estaba en poder de Santi Pérez desde 1998 con 19.41.20.
A gran cita galega celebrouse este sábado a partir das 10:00 horas en Santiago de Compostela, onde a Sociedad Gimnástica conseguiu 18 preseas tanto masculinas como femininas. Delas, 10 son de ouro, 5 de prata e 3 de bronce.
En 5.000 metros marcha dominaron os hermanos Chamosa, como vén sendo habitual. Antía se fixo coa medalla de ouro na carreira feminina ao parar o cronómetro en 21:59.07, mentres que Dani, ademáis do primeiro posto, bateu o récord galego cun tempo de 19:40.38.
Tamén se impuxeron Eugenia Gil en 400 metros (56.52); María Ezquerro en disco (43.70); Anxo Blanco, un dos favoritos en triplo salto e que non defraudou (14.66); Pablo Bocelo, xa campión galego en 1500 metros en pista cuberta (3:51.05); Lía Caride en 400 valos (1:01.96); Carlos Revuelta en martelo (59.85); e Eugenia Gil, Ainara Rodríguez, Aloia Vilas e Carmen González en 4x400 metros (4:14.39).
Contribuíron a ampliar o número de medallas da Sociedad Gimnástica os segundos postos en xavelina de Jonathan Correa (59.44 metros) e María Pena (38.20); de Víctor Gallego en peso (14.30); de Carlos Porto en 1500 metros (3:52.62); o cuarteto feminino dos 100 metros remudas formado por Paula Porto, Cristina Garrido, Aloia Vilas e Andrea Villaverde (50.11); e os terceiros de Marina Pérez en triplo salto (11.43); Adrián Lago en 1500 metros (3:55.59); e Cristina Garrido en 100 metros (12.18).
Ademáis as portas do podio quedaron Manuel Lorenzo (15:05.63) e Isabel Caeiro en 5.000 metros (17:40.11); Lucía Lois en 100 metros valos (17.84); David Abalde en 400 metros (49.00); Iria Filgueira en martelo (46.59) e Sergio Rodríguez, 200 metros (21.95).
Consulta todos os resultados neste enlace
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, quinta no Nacional de marcha e mínima para o Europeo de Roma
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa brilla no Nacional conseguindo a medalla de prata nos 10.000 metros marcha
Por Diego Espiño |
-
Isabel Caeiro suma para a Gimnástica un ouro no Campionato de España Sub20 de atletismo
Por Redacción |
-
Dobrete das atletas sub 16 Sabela Castelo e Sabela Martínez nos 3.000 metros lisos
Por Redacción |
-
Choiva de récords galegos na penúltima xornada do Circuito de Atletismo en Pista
Por Redacción |
-
A Gimnástica pecha a tempada co equipo masculino en División de Honra e o feminino en Primeira División
Por Almu Dapena |
-
O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady
Por Redacción |
-
O equipo feminino da Gimnástica pasa o corte e pelexará polo ascenso a División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica cede o cetro autonómico ao Celta
Por Redacción |