Preto de 300 atletas estrean unha nova edición do Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) acolleron este mércores a estrea dunha nova edición do Circuito de Atletismo en Pista organizado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra.
O XLIX Trofeo Boa Vila foi o encargado de abrir o circuíto coa presenza de ao redor de 300 atletas de diferentes categorías.
Unha xornada de atletismo en estado puro no que destacaron marcas como a do lanzador de disco Hugo Casañas, do Atletismo Rías Baixas, na categoría sub-16 (59.28 metros), a marca de Sergio Rodríguez (Gimnástica) ao baixar dos 50 segundos nos 400 metros cun tempo de 49.76, ou a mellor marca persoal de Mariña Artemia Pérez (Gimnástica) en salto de lonxitude con 5,18 metros.
Tras esta primeira xornada a próxima cita do circuíto terá lugar o día 18 de maio co XLVII Trofeo S.G. Pontevedra.
Ademais no calendario aparecen outros eventos como o XXVIII Trofeo Cidade de Pontevedra (31 de maio), o XXIV Memorial Celso Mariño (21 de xuño) e o XLVII Trofeo Virxe Peregrina (7 de xullo).