O Marín Futsal rasca un empate na Raña contra o Melilla (2-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
Parece que o Marín Futsal vai recuperando sensacións aos poucos e deixou atrás a nube negra que o perseguía desde o pasado ano. As de Ramiro Díaz enlazaron 4 partidos consecutivos en liga sen perder (o último un empate na Raña contra o Melilla este sábado) que, sumados á clasificación para a final da Copa Galicia, permítelles pensar nun cambio de rumbo máis que positivo.
O envite contra o Torreblanca Melilla comezou con dominio practicamente total das visitantes aínda que ningún equipo era capaz de xerar ocasións claras de perigo. Con todo, tras varios intentos, Bía iniciou unha contra tras un roubo de balón en metade de cancha, apoiouse en Amadinha e esta devolveulla para asinar o 0-1 desde dentro da área.
Incapaces de tomar o control do esférico, o Marín optaba por rápidas transicións en busca do tanto do empate, pero as melillenses mantiveron asine o seu defensa e evitaron o gol rival durante o primeiro tempo.
Nada máis volver dos vestiarios chegou a reacción das locais. María León xutou, Sara Soares deixou o balón morto dentro da área e Ceci, a máis lista da clase, aproveitou a situación para devolver as táboas ao marcador.
Siin embargo, a alegría durou moi pouco ás de Ramiro Díaz, que un minuto despois volvéronse a atopar co partido en contra. Soares enviou en longo e Ale de Paz, no seu intento de despexar, anotou en propia porta o 1-2.
Co paso dos minutos o Marín Futsal viuse obrigado a correr riscos e optou por xogo de cinco con Ale de Paz a falta de tres minutos para a conclusión. Foi nese tramo no que chegou un novo gol para as filas locais obra de Café ao segundo pau tras disparo de Ale de Paz.
Xa na recta final e tras o 2-2, o Torreblanca tamén recorreu ao xogo de cinco con Thais como porteira xogadora pero nin unhas nin outras anotaron para levar os tres puntos e asinaron un xusto empate.
MARÍN FUTSAL (2): Silvia Aguete; Ceci, Ale de Paz, Pau e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Café, Bea Mateos, Inés Mayán, Adri e Lara Balseiro.
TORREBLANCA MELILLA (2): Sara Soares, Amandinha, Bía, Juliana e Ana Cunha (quinteto inicial). Tamén xogaron, Vicky, Nega, Jhennif, Shulha, Thais e Lydia.
Goles: 0-1, min. 8 Bía. 1-1, min. 21 Ceci. 1-2, min. 22 Ale de Paz (propia porta). 2-2, min. 38 Café.
Incidencias: A Raña. Colexiados, Carreira Romero e Dans Rey. Amoestaron a Bía, Amandinha no MSC Torreblanca Melilla.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal confía na permanencia tras superar o pechacancelas Joventut D'Elx (4-1)
Por Redacción |
-
O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)
Por Redacción |
-
Reválida para o Poio Pescamar no seu asalto ao liderado, visita complicada para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
STV Roldán e Marín Futsal repártense os puntos dun partido falto de ocasións (1-1)
Por Redacción |
-
O Marín leva o derbi contra o Ourense Envialia cun gol no último minuto (3-2)
Por Redacción |
-
Remontada do Marín Futsal sobre o Leganés nun duelo directo pola permanencia (3-5)
Por Redacción |