STV Roldán e Marín Futsal repártense os puntos dun partido falto de ocasións (1-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
STV Roldán e Marín Futsal asinaron táboas a 1 nun partido con escasas ocasións e no que os goles chegaron no primeiro tempo.
Chegou o equipo de Ramiro Díaz á cita cos ánimos polas nubes tras regresar á senda do triunfo e cómodo na clasificación. Con todo, foi o cadro local o que comezou dominando, cun Marín moi activo en tarefas defensivas e Luci como clara protagonista desbaratando as opcións do Roldán.
De feito, non tardou demasiado en chegar o primeiro tanto, con Laura aproveitando un balón desviado pola gardameta marinense para enchufarlo no interior da rede.
Co paso dos minutos o dominio seguiu sendo local, polo que o Marín optaba polo xogo de cinco a falta de dous minutos para alcanza o descanso e conseguía o empate nunha boa circulación en ataque que culminou Lara Balseiro ao segundo pau.
Despois do paso polos vestiarios tentou o Roldán facerse co control e tiña unha clara ocasión en Mayte Mateo para volver adiantarse. Aguantaba o Marín o asedio ofensivo local grazas ao bo facer defensivo e, en especial, a Silvia Aguete, que se encargaba de salvar ao seu equipo e manter as táboas no marcador.
Optou de novo polo xogo de cinco Ramiro Díaz, pero as visitantes eran incapaces de xerar boas opcións de perigo, mentres o Roldán tamén arriscaba en busca dun triunfo que puido chegar cun remate de Laura nos últimos instantes.
Roldán (1): Cristina; Mayte Mateo, Alba Gandía, Carmen e Consuelo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Laura, Lola, Alba Camacho, Noelia Montoro e Ángela Górriz.
Marín Futsal (1): Lucía; Pau, Ceci, María León e Ale de Paz (quinteto inicial). Tamén xogaron, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jessy e Adri.
Goles: 1-0, min. 5 Laura. 1-1, min. 19 Lara Balseiro
Incidencias: Gabriel Pérez. Colexiados, González Blaya e Nicolás Navarro.