O Marín Futsal confía na permanencia tras superar o pechacancelas Joventut D'Elx (4-1)
Por Redacción
O Marín Futsal sumou este domingo tres puntos de vital importancia para conseguir o seu obxectivo de salvar a categoría. O cadro de Ramiro Díaz non fallou na súa cita co pechacancelas Joventut D'Elx e colle aire a falta de sete partidos por disputarse.
Comezou o encontro con repartición de ocasións en ambas as porterías, a máis clara de Café estrelando un disparo ao poste da portería de Teresa. Pouco despois, Ceci disparou de lonxe e abriu o marcador a favor das locais.
Con todo, a alegría duroulles pouco, e Peque obrou a reacción ilicitana tras recibir un pase de Maite nunha boa transición ofensiva.
Tentou co 1-1 o Marín retomar a vantaxe no marcador por medio de Ale de Paz, que enviou o seu chute ao poste, e Ceci desde os dez metros, pero o seu disparo salvouno Tere.
Tres minutos despois de pasar polos vestiarios, nunha xogada de estratexia de saque de esquina, Ceci cedeu a Café ao corazón da área para que anotase o 2-1, dando paso aos mellores minutos da escuadra local, que acaparou a posesión do esférico mentres o Joventut tentaba facer dano con contragolpes.
Superada a media hora de xogo, nunha perda de balón das visitantes e co seu gardameta fose da portería, Lucía de porta a porta subía o 3-1 ao marcador.
Optaron as levantinas polo xogo de cinco, pero Ale de Paz interceptou un pase rival e, ao primeiro toque e desde cancha propia, asinou o 4-1 co que concluíu o envite.
MARÍN FUTSAL (4): Lucía; Ceci, Lara Balseiro, Café e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ale de Paz, Adri, Bea Mateos, Inés Mayán, María Estévez e Nuria.
JOVENTUT D'ELX (1): Teresa; Ju Mateu, Lydia, Peque e Aitana (quinteto inicial). Tamén xogaron, Eli, Maite, Sasha, María, Sara Roelas e Bianca.
Goles: 1-0, min. 5 Ceci. 1-1, min. 7 Peque. 2-1, min. 23 Café. 3-1, min. 32 Lucía. 4-1, min. 36 Ale de Paz.
Incidencias: A Raña. Colexiados, Castro Nantes e Ferrero Carballal. Amoestaron a Teresa, Sasha, no Joventut D’Elx e María León, Bea Mateos no Marín.
Relacionadas:
-
O Móstoles rouballe dous puntos ao Marín Futsal nos últimos minutos (3-3)
Por Redacción |
-
Ramiro Díaz renova como adestrador do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Demasiado Futsi Navalcarnero para un vulnerable Marín Futsal (7-0)
Por Ramiro Espiño |
-
Goleada do Burela no derbi contra o Marín Futsal (5-0)
Por Redacción |
-
O Alcorcón sentencia pola mínima o Marín Futsal (1-0)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal rasca un empate na Raña contra o Melilla (2-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |