O TM Monte Porreiro pecha a primeira volta en metade de táboa tras unha cómoda vitoria sobre o Alzira
Por Redacción
A primeira volta da Superdivisión masculina de tenis de mesa pechouse a pasada fin de semana co partido que enfrontou ao TM Monte Porreiro co Hortitec Alzira, que se saldou cun claro triunfo por 4 a 1 do equipo pontevedrés.
Con este triunfo, o Visit Pontevedra pecha o primeiro tramo de competición nunha cómoda oitava posición, con oito puntos e unha vantaxe de tres puntos sobre o descenso. Os pontevedreses sumaron tres vitorias e dous empates, mentres que acumulan seis derrotas.
No duelo da fin de semana, un partido directo pola disputa da oitava praza da táboa, a balanza decantouse moi pronto ao lado local. Martín Bentancor, Miguel Ángel Vilchez e Nicolás Galvano gañaron os tres primeiros enfrontamentos para encarrilar a vitoria.
Logo recortou distancias para os visitantes Santiago Lorenzo. Con todo, Bentancor certificou o triunfo cunha vitoria final sobre Jose Carlos Guillot.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro prolonga a súa boa serie con triunfo en Parla (1-4)
Por Redacción |
-
Triunfo de ouro para o Monte Porreiro ante o Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)
Por Redacción |
-
Contundente derrota do TM Monte Porreiro no seu duelo co Arteal de Santiago
Por Redacción |
-
Importante empate do TM Monte Porreiro ante L'Escala (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |