O TM Monte Porreiro prolonga a súa boa serie con triunfo en Parla (1-4)
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro prolonga a súa boa serie e xa son tres os triunfos consecutivos que suma no seu haber e permítenlle manterse nunha cómoda zona media da clasificación.
Pero os de Nando Fernández tiveron que remontar un 1-0 en contra inicial tras a derrota no primeiro envite de Gastón Alto ante Okano Shunsuke (12-10/7-11/11-7/11-9) e, a partir de aí, foi carne sen ósos.
Miguel Ángel Vílchez igualou o encontro co seu triunfo ante Xabier Peral por 0-3 (7-11/4-11/8-11), Bentancor sentenciou a Pantoja con outro 0-3 (7-11/9-11/4-11) e de novo Vílchez superou a Shunsuke para dar a vitoria aos de pontevedra a falta dun enfrontamento (7-11/4-11/7-11).
Finalmente, a puntilla á boa xornada púxoa Gastón Alto ante Pantoja nun sufrido duelo que se decidiu por un axustado 2-3 (11-9/6-11/2-11/11-7/7-11).
Con este resultado, o TM Monte Porreiro mantense na sétima praza empatado a puntos co San Sebastián de los Reyes, que é sexto.
Consulta a acta de partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
O Monte Porreiro segue escalando posicións tras superar con contundencia o Sanse (4-0)
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro suma a súa quinta vitoria consecutiva tras superar o Collado Mediano (2-4)
Por Redacción |
-
Novo triunfo do TM Monte Porreiro para seguir escalando posicións (4-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo de ouro para o Monte Porreiro ante o Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)
Por Redacción |
-
Contundente derrota do TM Monte Porreiro no seu duelo co Arteal de Santiago
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro pecha a primeira volta en metade de táboa tras unha cómoda vitoria sobre o Alzira
Por Redacción |