Contundente derrota do TM Monte Porreiro no seu duelo co Arteal de Santiago
Por Redacción
Contundente derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro na visita do Arteal Santiago ao pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, contra o que perdeu os catro enfrontamentos disputados e no que unicamente Nicolás Daniel Galvano foi capaz de gañar dous xogos.
O partido comezou coa derrota por 0-3 de Martín Sebastián Bentancor ante André Filipe Coelho (5-11, 10-12 e 8-11), logo foi Nicolás Daniel Galvano o que venceu no primeiro xogo a Humberto Manhani para acabar caendo nos tres posteriores (11-3, 9-11, 8-11 y 6-11).
Tampouco foi capaz de opoñer resistencia Miguel Ángel Vilchez contra José Enio Mendes, que o venceu sen ceder nin un só punto (0-11, 0-11, 0-11).
A puntilla a esta mala xornada para o equipo pontevedrés púxoa André Filipe Coelho, que venceu no cuarto e último duelo da tarde a Nicolás Daniel Galvano (11-6, 8-11, 9-11 y 8-11).
A pesar da derrota, o TM Monte Porreiro, oitavo clasificado, mantén unha vantaxe de tres puntos cos postos de descenso.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro prolonga a súa boa serie con triunfo en Parla (1-4)
Por Redacción |
-
Triunfo de ouro para o Monte Porreiro ante o Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro pecha a primeira volta en metade de táboa tras unha cómoda vitoria sobre o Alzira
Por Redacción |
-
Importante empate do TM Monte Porreiro ante L'Escala (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Tenis de mesa polos catro custados no XXII Torneo Internacional do TM Pontevedra
Por Redacción |