Importante empate do TM Monte Porreiro ante L'Escala (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz
O Tenis de Mesa Monte Porreiro sumou este domingo un importante empate ante o cuarto clasificado, o C.E.R Robin Prisco L'Escala. O conxunto pontevedrés pon así fin a unha xeira de tres partidos sen puntuar e está na novena praza con dous partidos gañados, dous empatados e seis perdidos.
Adiantouse o conxunto pontevedrés no primeiro atopo grazas ao triunfo de Bentancor sobre Tauler por 3-1, pero enseguida igualou Chernov superando por 0-3 a Ángel Vílchez.
Os seguintes duelos foron os máis igualados e decidíronse por pequenos detalles no quinto xogo. Sobre todo nos que se mediron Nico Galvano e Iker González (3-2), Bentancor e Chernov (2-3) e Galvano e Tauler (3-2), que deixaron todo por decidir no sexto envite da mañá.
O 3-2 era o resultado global e, pasase o que pasase, o Monte Porreiro xa ía puntuar. Saltaron á pista Vílchez e Iker González e, aínda que o xogador local puxo toda a carne no asador para que o seu equipo sumase un triunfo, González logrou impoñerse por un 1-3 co que certificou o empate a 3.
A próxima cita do Tenis de Mesa Monte Porreiro será o domingo 22 de xaneiro no Pavillón Príncipe Felipe ante o Hortitec Alzira TT, oitavo clasificado igualado a seis puntos cos pontevedreses.
Consulta a acta do partido nesta ligazón
Relacionadas:
-
Triunfo de ouro para o Monte Porreiro ante o Asisa Borges Vall (4-2)
Por Redacción |
-
Gran vitoria do TM Monte Porreiro ante o CTM Murcia (2-4)
Por Redacción |
-
Contundente derrota do TM Monte Porreiro no seu duelo co Arteal de Santiago
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro pecha a primeira volta en metade de táboa tras unha cómoda vitoria sobre o Alzira
Por Redacción |
-
Tenis de mesa polos catro custados no XXII Torneo Internacional do TM Pontevedra
Por Redacción |
-
Derrota do TM Monte Porreiro fronte o líder Cajasur Priego (4-0)
Por Redacción |
-
Dura derrota no Príncipe Felipe do Monte Porreiro ante o Burgos (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Repartición de puntos entre o TM Monte Porreiro e Collado Mediano (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |