O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Preocupación no atletismo pontevedrés polo estado de saúde de Gustavo Dacal, ex-campión de España de lanzamento de xavelina.
O ex-atleta de Ponte Caldelas, que actualmente traballa en México como adestrador en colaboración do Comité Paralímpico Mexicano, atópase hostalizado no país americano, na cidade de Veracruz.
Segundo explicou un dos clubs aos máis anos dedicou como atleta de elite, a Sociedad Gimnástica, Dacal atópase á espera dunha operación tras contaxiarse de dengue pola picadura dun mosquito. Esa infección complicouse derivando nunha espondilodiscitis, unha infección no corpo vertebral.
De feito o Comité Paralímpico Mexicano lanzou unha campaña de apoio pedindo donativos que axuden a custear a súa estancia médica.
Segundo explican na súa publicación, os interesados en colaborar poden facelo a través da conta bancaria 4213 1693 0732 1602 do banco HSBC, aínda que se trata dunha conta mexicana.
Relacionadas:
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
Organizan unha gala benéfica para recadar fondos que custeen o tratamento de Gustavo Dacal en México
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |
-
Gustavo Dacal supera unha "operación decisiva" en México, onde permanece hospitalizado
Por Diego Espiño |
-
A Escola de Atletismo Gustavo Dacal convértese en realidade
Por Redacción |
-
A Federación Española recoñece 14 anos despois o récord de España de Gustavo Dacal
Por Redacción |