A Escola de Atletismo Gustavo Dacal convértese en realidade
Por Redacción
Ponte Caldelas conta desde este martes cunha nova escola deportiva municipal, a Escola de Atletismo Gustavo Dacal impulsada polo Club Atletismo Rías Baixas e o propio Concello.
Despois dunha fase de captación de deportistas, o primeiro grupo de nenos e nenas de Ponte Caldelas comezou os adestramentos cunha sesión celebrada entre o pavillón municipal e o campo de fútbol de Chan da Barcia.
O grupo, composto por 25 atletas, foi recibido polo alcalde Andrés Díaz, o secretario do Rías Baixas, Jesús Cortegoso, e o adestrador, Adrián Pérez, campión de España universitario.
A nova escola deportiva de atletismo adestrará a partir de agora os martes en Ponte Caldelas e os xoves no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O ex-atleta Gustavo Dacal, hospitalizado en estado grave en México tras contaxiarse de dengue
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Xornada de atletismo galego no CGTD co Gran Premio Jim Sport
Por Redacción |
-
O Atletismo Rías Baixas impulsa unha nova escola deportiva en Ponte Caldelas
Por Redacción |